Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tes unha idea para Nocturnia?

Abre o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia 2017

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/08/2017 ata o 13/09/2017

Xa rematou

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Para envío de propostas:

nocturniacoruna@gmail.com

Documentos:

Cartaz_ Como participar no envío de propostas (767 KB)

Un ano máis contaremos cunha nova edición do programa de ocio saudable para a mocidade, Nocturnia, organizado pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña. Para esta nova edición, que irá desde os meses de marzo a xullo, gustaríanos contar coas vosas propostas e achegas.

TEDES UN PROXECTO?

Do 18 de agosto ao 13 de setembro do 2017 ábrese un novo periodo no que asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poderán enviar proxectos e propostas a través do correo nocturniacoruna@gmail.com , para que participen na elaboración e deseño do programa de primavera, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.

Os proxectos ou propostas presentadas artellan os catro eixos nos que vira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles segundo as propostas de cada edición.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, DNI, correo electrónico da persoa que presenta a proposta (persoa responsable).
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
    • Colectivo non formal
    • Empresa / autónomo
  • Presentación persoal ou da entidade

DESCRICIÓN DA PROPOSTA

  • Título e breve descrición dela
  • Obxectivos da proposta
  • Número máximo de persoas destinatarias
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Custo de realización (debe incluír o custo total do proxecto)

E SE PREFERIDES COMPARTIR UNHA SUXESTIÓN OU UN INTERESE... Gústanos coñecer os vosos intereses, inquietudes e... as vosas ideas! Se queredes facernos unha suxestión para o programa podedes facelo a través das diferentes canles do programa:

• Correo: nocturniacoruna@gmail.com •Facebook: www.facebook.com/nocturniacoruna •Twitter: @nocturniacoruna

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión