Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas de ciencia cidadá

Profundizar, dialogar e aprender máis sobre os bens comúns

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/01/2018

Xa rematou

Horario:

Ás 18.00 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Hashtag:

#colab

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

colab@coruna.es

http://colab.coruna.gal

Que son os bens comúns e como se xestionan? Que implica que temos dereito sobre eles? Como podemos aprender xa desde as aulas, a importancia que ten contar cun aire respirable, unha auga potable, un mar vivo ou uns barrio habitables?

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática convoca unhas Xornadas de Ciencia Cidadá o vindeiro mércores 24 de xaneiro, ás 18.00 h na Domus, para achegar estes conceptos á cidadanía: profundizar, dialogar e aprender máis sobre os bens comúns. Para crear ciencia entre todas.

Nas Xornadas presentaranse as Guías de Ciencia Cidadá, documentos prácticos e sinxelos especialmente dirixidos á xente moza (12-15 anos) para ser traballadas nas aulas, acompañados polos seus mestres e mestras. E para iso, contaremos coa participación de:

  • Claudia Delso, Concelleira de Participación e Innovación Democrática.
  • Antonio Lafuente, Coordinador do Laboratorio do Procomún (MediaLab-Prado) e director da iniciativa.
  • Duarte Vidal, investigador en el Centro Tecnológico del Mar (CETMAR-Galicia)

O proxecto de elaboración destes documentos foi promovido e financiado en colaboración polo MediaLab-Prado (Ayuntamiento de Madrid), o Co-Lab (Concello da Coruña) e o Ministerio de Educación, Cultura E Deporte.

Confirmación de asistencia no correo participacion@coruna.es ou no teléfono 981184200 (ext 10160).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión