Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas de Mocidade e Participación Xuvenil

Descubrir, aprender e construír en comunidade

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral

Cando:

27/01/2018

Xa rematou

Formulario de inscrición

Horario:

Ás 10.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

xuventude@coruna.es

Documentos:

Programa das Xornadas de Mocidade e Participación Xuvenil (344 KB)

Cartaz das Xornadas de Mocidade e Participación Xuvenil (2 MB)

As Xornadas de Mocidade e Participación Xuvenil terán lugar o vindeiro 27 de xaneiro de 2018 no Centro Ágora da Coruña, organizadas pola Concellería de Participación Cidadá, Innovación Democrática e Mocidade.

Baixo o lema "Descubrir, aprender e construír en comunidade", estas xornadas son un banzo máis na firme aposta pola mocidade que está realizando o Concello da Coruña nos últimos dous anos, posto que a mocidade precisa de políticas transversais e compromisos políticos firmes.

O obxectivo xeral da xornada é poder compartir un espazo de traballo conxunto, tanto a nivel dos concellos como para as distintas entidades e colectivos que traballan en cada territorio no campo da mocidade, para dar a coñecer os distintos proxectos, plans e programas que se están a realizar. Pretenden ser un espazo de referencia para poder encontrarnos, recoñecernos, reflexionar xuntas/os, intercambiar coñecemento e experiencias así como tecer redes formais e informais entre institucións públicas e entidades e colectivos xuvenís. 

No programa, poderedes ver todos os espazos que se artellarán, formulados a partir dos diferentes obxectivos da xornada nos que, ademais do desenvolvemento de diversos espazos de traballo colaborativo para compartir experiencias e proxectos, terán lugar os seguintes relatorios:

Relatorio marco sobre a participación xuvenil, para contextualizar as xornadas impartida por Antonio Moreno, formador e animador sociocultural, experto en desenvolvemento asociativo e participación social, membro do Colectivo de Educación para a Participación - CRAC (http://redasociativa.org/crac/).

Mesa de experiencias, na que se contará con dous relatorios que exporán proxectos feitos para e por a mocidade, dende a óptica da administración local e dunha entidade sen ánimo de lucro:

  • "A xestión compartida de espazos: o caso de La Harinera de Zaragoza", impartida por Diego Garulo, técnico de planificación, cooperación e novos proxectos dá Sociedade Municipal Zaragoza Cultural (http://harinerazgz.wordpress.com) 
  • "A xestión de proxectos: unha visión desde as entidades", impartida por Tamara Lema, Colaboradora, voluntaria e membro do padroado da Fundación Eduardo Pondal https://es-es.facebook.com/fundacion.eduardopondal/

A inscrición

Para participar nas xornadas é preciso facer a inscrición a través da web do Centro Municipal de Información Xuvenil.

O prazo de inscrición será desde o 18.01.2018 ao 23.01.2018, ou ata esgotar prazas. O aforo estará limitado a 100 persoas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión