Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

18 de octubre de 2018

O encontro 'Dillo ti' previsto para este sábado no Birloque posponse ata o 3 de novembro, en apoio á manifestación convocada polo cadro de persoal de Alcoa contra o peche da planta

O executivo local amosa o apoio da corporación municipal ás medidas de presión dos traballadores e traballadoras, e acompañará a convocatoria deste sábado ás 11.00 horas. “Lamentamos as molestias que este cambio de data pode xerar na veciñanza, pero cremos que neste momento tan delicado para a factoría e o seu persoal cómpre apoiar as súas reivindicacións”, sinala a concelleira de Participación, Claudia Delso

A Concellería de Participación e Innovación Democrática vén de suspender a celebración do vindeiro encontro Dillo ti entre o executivo municipal e a veciñanza, previsto para este sábado, 20 de outubro, ás 12.00 horas no Espazo Veciñal do Birloque, con motivo da manifestación convocada polo cadro de persoal de Alcoa para este mesmo sábado ás 11.00 horas. "O goberno local da Coruña lamenta as molestias que poida causar á veciñanza a suspensión deste encontro, un espazo aberto ao diálogo e a conversa, pero entende que, ante o anuncio do posible peche da planta de Alcoa na cidade e as consecuencias que este poida supoñer para ás traballadoras e traballadores debe acompañar as súas reivindicacións na defensa da continuidade da actividade da fábrica e dos postos de traballo, que manteñen a 400 familias da Coruña e da súa área metropolitana", sinala a edil de Participación, Claudia Delso, quen convida á cidadanía a apoiar ao cadro de persoal nesta iniciativa.

Deste xeito, o encontro previsto para este sábado, 20 de outubro, trasladarase ao sábado 3 de novembro, mantendo o seu horario e localización, no Birloque. Como é habitual, Dillo ti contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Para máis información sobre este programa de participación cidadá posto en marcha polo goberno local en xaneiro de 2016, pódese visitar o espazo web municipal www.coruna.gal/conversascoalcalde.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?