Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

28 de octubre de 2017

O alcalde avanza que Labañou contará cunha unidade de atención social no centro cívico do barrio “que redundará nas actuacións a prol da xustiza social desde a proximidade”

O alcalde e o resto de concelleiras e concelleiros do goberno local participaron nun novo encontro ‘Dillo Ti’ en Labañou, onde deron conta dalgunhas actuacións no barrio, como a urbanización da primeira das rúas do polígono de Náutica, que conectará a Praza da Tolerancia co Paseo Marítimo, este mesmo ano, ou unha futura área biosaudable

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o resto de concelleiros e concelleiras do goberno local participaron hoxe nun novo encontro coa veciñanza Dillo Ti, que tivo lugar no Centro Cívico de Labañou. O rexedor fixo fincapé en actuacións que se levarán a cabo con carácter inmediato e que redundan nunha maior igualdade e xustiza social en toda a cidade. Así, salientou o proceso inminente de descentralización dos servizos sociais que derivará en que, precisamente, o centro cívico do barrio acolla unha destas novas unidades de atención social de proximidade. "En breve, este espazo contará con traballadoras e educadoras sociais, que poderán atender directamente as necesidades da xente de forma que non terán que desprazarse continuamente ate Catro Camiños", comentou.

Por outro lado, e no que atinxe a temas relacionados coa rexeneración urbana da cidade, Ferreiro salientou "a reactivación, despois dunha década, das actuacións do Polígono de Náutica". "Puxemos en orde as licenzas de forma que neste momento estanse construíndo tres edificios", dixo o alcalde, que salientou que, ademais, "unha das cousas máis importantes que conseguimos é que, ademais dos edificios, estase a urbanizar o entorno". A este respecto, anunciou a previsión de que, contra final de ano, quede aberta á cidadanía a primeira das rúas do polígono, que conecta a Praza da Tolerancia e o Paseo Marítimo. Tratarase dunha conexión de plataforma única na que se gañará espazo para o peón, e contará con máis arborado e con beirarrúas máis amplas, de entre cinco e seis metros en cada lado.

Ademais, o Concello está a abordar un ambicioso proceso de renovación e mellora na rúa Archer Milton Huntington. A actuación, cun orzamento de 240.000 euros, comprende a ampliación tanto de beirarrúas como dos alcorques e árbores da zona, coa substitución tanto do pavimento como dos bordillos e mellorando os cruzamentos e a accesibilidade na zona. Ao fío, Ferreiro evidenciou que "o goberno local pon en marcha proxectos que se ven e outros que son importantes pero que non son visibles, como é o caso de todas as actuacións de renovación de novas conducións de pluviais e sumidoiros, como se levou a cabo en San Roque". Do mesmo xeito, recordou os traballos de pavimentación desenvolvidos na rúa Hogar Calvo Sotelo e Francisco Rodríguez Otero, "os primeiros que se fan en sesenta anos".

Por outro lado, tanto Ferreiro como o titular de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, manifestaron a satisfacción do goberno local polo resultado da nova área infantil coa que conta a Praza da Tolerancia, que xurdiu "da iniciativa dun grupo de nais da zona coas que traballamos desde o Concello de forma participada". "Non obstante, esta actuación non vai quedar aí, xa que a nosa previsión é completar o ano vindeiro a intervención neste espazo cun novo parque biosaudable, destinado fundamentalmente á xente maior", avanzou.

Ao fío de actividades de rehabilitación, Varela comentou que dende que o actual executivo chegou a María Pita lévanse investido 300.000 euros na mellora das vivendas do Carme. "O ano que vén seguiremos investindo e pelexando para o que o goberno central poña fondos a disposición da cidade para poder continuar investindo, tanto aquí como no grupo de vivendas María Pita", comentou, ao respecto das axudas de fondos ARI (Áreas de Rehabilitación Integral).

No que atinxe a actuacións en materia de Educación, o rexedor tamén quixo salientar o traballo da Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, e que está encamiñado a solventar as deficiencias históricas que presentan distintos centros educativos da cidade. É o caso do CEIP Emilia Pardo Bazán, no que se procedeu ao cambio da cuberta, unha obra cun montante de 150.000 euros e que, polas súas características tería que ter sido abordada polo goberno autonómico (ao tratarse dunha obra 'maior' e non de mantemento).

Noutra orde de asuntos, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou as actuacións previstas para afondar nas melloras nos equipamentos deportivos da cidade. "En concreto, neste barrio hai distintas obras previstas en instalacións deportivas do entorno, tanto no pavillón dos Rosais como en Riazor", apuntou.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?