Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

24 de enero de 2019

A concelleira de Participación aclarou ante os medios que aínda non recibiu ningunha citación oficial por parte do xulgado

Claudia Delso reitera a súa “total disposición a colaborar coa xustiza” na investigación aberta a raíz dunha denuncia do PP sobre o proceso levado a cabo para a recuperación para a cidadanía do antigo cárcere provincial

O alcalde enmarcou a declaración da edil “nun procedemento normal e desexable, xa que até o de agora, a xustiza só puido escoitar a versión dos denunciantes, baseada na súa cruzada contra as políticas que pasan por dar un uso cidadá e público a este equipamento”

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, volveu a amosar esta xornada a súa "total disposición" a colaborar coa xustiza na investigación aberta a raíz dunha denuncia do PP sobre o procedemento levado a cabo polo Concello para facilitar a recuperación para a cidadanía do antigo cárcere provincial. Nunha comparecencia ante os medios, a responsable municipal manifestou que, a pesar do publicado esta mañá na prensa, neste momento aínda non recibiu ningunha citación oficial para declarar por parte do xulgado instrutor. "Por agora, fun coñecedora polos medios de que serei citada para declarar en marzo. Non obstante, debo dicir que estou contenta de poder ter esa declaración e de que, por fin, poidamos aclarar no xulgado todo o suceso en relación á cesión de usos do antigo cárcere", dixo Delso, quen lamentou "o interese do PP por sementar dúbidas sobre a celebración dun concurso público restrinxido a entidades sen ánimo de lucro para a dinamización deste espazo" logo de que o executivo municipal asinase en xaneiro de 2017 un convenio coa Sociedade de Infraestruturas de Equipamentos Penitenciarios (SIEP), pola que esta cedía o dereito de uso da parcela na que se atopa esta histórica infraestrutura, "co obxectivo de poder destinala a usos sociocomunitarios e á realización de actividades culturais".

"O único que fixemos coa cárcere foi desenvolver unha política distinta, que apostaba por explorar novas formas de xestión de equipamentos públicos. Actuamos dando resposta a unha demanda da cidadanía, que dende hai anos estaba a reivindicar a necesidade de recuperar o cárcere para o uso cidadá. Recollemos ese mandato e levamos a cabo unha convocatoria en concorrencia pública, transparente e restrinxida a entidades sen ánimo de lucro", manifestou a titular de Participación. "A xuíza está a facer o normal, que é investigar e preguntar as partes. Á marxe diso, tras esta denuncia só se esconde unha campaña de difamación contra as políticas participativas", dixo a concelleira, quen amosou tanto a súa tranquilidade como "a vontade clara de explicar ante o xulgado todo o que sexa necesario".

Pola súa banda, e preguntado sobre esta cuestión, o alcalde, Xulio Ferreiro, enmarcou a posible chamada a declarar  de Delso como "o esperable cando existe unha denuncia con acusacións tan graves e desproporcionadas como a que fixo o PP no seu momento". "O normal é que se, até o de agora, a xustiza só escoitou unha versión, que é a da parte denunciante, agora queira escoitar á persoa denunciada", indicou. "Teño absoluta confianza en que despois da declaración todo quede absolutamente aclarado xa que, aquí, o único que houbo foi un intento absolutamente legal de poñer o cárcere a disposición da cidadanía a través dun concurso público con garantías. Todo o demais non é máis que o empeño do Partido Popular de ir contra as políticas participativas e de que o cárcere e o espazo que ocupa non se adique a usos sociais para a cidadanía", opinou. "Teño absoluta confianza en que a concelleira poida aclarar todas as dúbidas que poidan xurdir a raíz da denuncia na súa comparecencia e, a partir de aí, o caso se arquive", indicou para aclarar, a preguntas dos medios que a chamada a declarar da titular de Participación non contravén o código ético polo que se rexe o grupo de goberno.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?