Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

30 de enero de 2019

O centro cívico de Monelos acolle este sábado, día 2, un novo encontro 'Dillo ti' entre o goberno local e a veciñanza

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas, contará con servizo de tradución á linguaxe de signos así como outro de conciliación, aberto a toda á cidadanía

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e membros do goberno local participarán o vindeiro sábado 2 de febreiro, a partir das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti. Esta canle de participación cidadá, posta en marcha polo executivo municipal o 30 de xaneiro de 2016, propón un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a cidadanía e o goberno, co obxectivo de poder abordar demandas e inquedanzas da veciñanza e que esta obteña unha resposta directa e inmediata por parte das e dos responsables municipais.

Nesta ocasión a xuntanza terá lugar no centro cívico de Monelos. Será a segunda vez que o Dillo ti encontro se celebre no barrio desde a implantación, hai tres anos, deste programa de participación cidadá. Desde entón, realizáronse encontros nos Castros, Palavea, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta, San Pedro de Visma, O Birloque, Riazor e Matogrande, entre outras zonas.

A cita, cunha duración aproximada duns 90 minutos, contará como é habitual cun servizo de tradución á lingua de signos, ademais dun espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á xuntanza, e que está aberto á toda a cidadanía. Así, todas as e os menores que desexen participar neste espazo lúdico --para o que non é necesaria a inscrición previa-- poderán facelo acudindo ao equipamento municipal durante a celebración do Dillo ti --12.00 a 13.00 horas-- ata completar o número de prazas dispoñibles. Para máis información sobre estas xuntanzas, pódese visitar www.coruna.gal/conversascoalcalde.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?