Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

2 de febrero de 2019

O Goberno local abordará este ano a repavimentación na praza Casares Quiroga, unha actuación de mellora de aparcadoiros que se estenderá a todos estes espazos da segunda fase do polígono de Elviña

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o grupo de goberno participaron nunha nova edición do 'Dillo ti' que tivo lugar no centro cívico de Monelos e na que se deu conta da próxima creación de novas ecohortas no parque de Oza

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto co resto de concelleiras e concelleiros do goberno local participou na mañá deste sábado nun novo encontro coa veciñanza Dillo ti, que por segunda vez desde a posta en marcha deste programa de participación hai tres anos se desenvolveu no centro cívico de Monelos. Alí, o rexedor deu conta dalgúns dos proxectos que se executarán neste barrio, como a repavimentación da praza Casares Quiroga con melloras na zona de aparcadoiro, unha actuación orzamentada en 435.000 euros xa a piques de contratarse e que "irá estendéndose progresivamente en todas as áreas de estacionamento da segunda fase do polígono de Elviña". Do mesmo xeito, Ferreiro apuntou ao proxecto que a Concellería de Rexeneración Urbana ten xa listo para mellorar a zona de xogos infantís das Pajaritas, unha proposta que procede dos Orzamentos Participativos orzamentada en 68.000 euros. De igual xeito, aludiu á próxima creación de hortas urbanas no parque de Oza, outro proxecto derivado dos Orzamentos Participativos que está previsto licitar neste 2019. "Gústannos moito as ecohortas por ser un proxecto non só de lecer, senón que permite tamén producir alimentos saudables e que axuda a facer comunidade", salientou a concelleira de Medio Ambiente, María García, quen indicou que no resto de ecohortas da cidade ofrécense cursos de agricultura, pero tamén relacionados á toma de decisións colectivas para a xestión destes espazos que contribúen a crear comunidades arredor das hortas.

O alcalde referiuse tamén ao Plan Director do Barrio das Flores, cuxa redacción se licitará nas próximas semana. "Sabemos que as necesidades desta zona son moitas e este documento servirá para ordenar as actuacións", especificou o primeiro edil, que avanzou tamén que nas vindeiras semanas se iniciarán os traballos de acondicionamento da praza central do barrio. A este respecto, o concelleiro Xiao Varela reuniuse nos últimos días coa plataforma veciñal deste barrio, coa que abordou algunhas das intervencións que están prevista, como a pista polideportiva, dotación de biosaudables ou a propia actuación na praza central. "O Plan Director vainos permitir calendarizar esas actuacións, pero tamén coordinarnos coas distintas administracións implicadas, porque neste barrio hai terreos da Xunta e tamén estatais, e as accións precisan de acordos", indicou o edil de Rexeneración Urbana, que tamén se referiu á rampla que pide a veciñanza, "un proxecto máis complexo posto que vai dar a unha parcela privada".

O goberno local someteuse ás preguntas dos veciñas e veciños que quixeron participar, e deron conta dalgunhas das actuacións xa desenvolvidas nesta zona nos últimos tempos. Entre eles, a creación do carril bici que conecta Matogrande coa Palloza, xa moi avanzado, unha obra que conta cun investimento de 400.000 euros que, como sinalou o alcalde, serviu ademais para realizar outras melloras no espazo urbano e de accesibilidade que afectaron, entre outras, a seis paradas do bus. "A bicicleta ten un papel moi importante nas estratexias de mitigación do cambio climático nas cidades", destacou o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, quen puxo como exemplo o paso do carril bici pola avenida de Salvador de Madariaga para defender "un modo de transporte e comunicación máis amable que ademais serve para humanizar unha avenida fermosa coma esta". "A creación, hai anos, do bulevar foi unha boa medida, pois fomentou o paseo, e este é un paso máis, porque Salvador de Madariaga ten unhas condicións excepcionais para dar espazo á bicicleta. Sabemos que esta aposta significa cambiar rutinas pero  tamén, que o carril bici non ten afectación ao tráfico, porque así nolo din os estudos técnicos".

Entre as intervencións xa realizadas, o alcalde recordou tamén a renovación e ampliación do parque infantil de Isaac Díaz Pardo, a repavimentación do CEIP Alborada, "moi necesaria porque dá servizo ao colexio", ou nos centros de María Pita e Ramón de la Sagra, no que se renovou a área infantil, "unha actuación que deu paso á mellora das zonas de xogo de todos os colexios da cidade, desenvolvidos durante o pasado verán". Igualmente, lembrou as melloras executadas no túnel de Salgado Torres, tanto de iluminación como das beirarrúas, os traballos de repavimentación realizados na rolda de Outeiro, que bordea o barrio, ou intervencións relacionadas co saneamento, "que non se ven porque son subterráneas pero que son moi necesarias", e que neste barrio tiveron que ver co río de Monelos.

A preguntas dun veciño que interveu durante o encontro deste sábado, o alcalde adiantou tamén que o Concello poderá licitar as obras do patio cuberto do CEIP San Francisco Xavier, unha vez que se recibiron comunicacións de Augas de Galicia e Patrimonio precisas para acometer esta actuación, na que, como explicou Ferreiro, houbo que replantexar cun proxecto novo pola afección do río de Monelos e do Camiño Inglés.  

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?