Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

2 de abril de 2018

O goberno local destaca que o recoñecemento que vén de recibir ‘O Noso Patio’ referenda “a importancia dos proxectos participativos que axudan a crear comunidade”

O proceso desenvolvido no CEIP Sanjurjo de Carricarte co impulso de toda a comunidade educativa e coa colaboración do Concello para definir, entre todos os actores implicados, as melloras a implementar no patio do centro vén de ser premiado na I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura Ludantia

O Concello da Coruña saudou esta xornada o feito de que o proxecto do CEIP Sarjurjo de Carricarte O Noso Patio, impulsado pola comunidade educativa do mesmo e posto en marcha coa colaboración do goberno local, veña de ser premiado en Ludantia a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, certame que se celebrará o próximo maio en Pontevedra e que se presenta "como unha plataforma dende a que compartir, debater, experimentar e difundir proxectos educativos e de investigación que traballen co espazo e nos que os e as mozas sexan as protagonistas". O proxecto O Noso Patio resultou un dos tres gañadores e foi valorado entre 79 propostas realizadas en 18 países. A concelleira de Participación, Claudia Delso, salientou que "o xurado entendeu que se trata dun proxecto moi convincente que non só aporta unha aprendizaxe importante aos e ás nenas, senón tamén a docentes e nais e pais".

Durante os últimos meses de 2016, e a proposta do propio consello escolar do CEIP Sanjurjo de Carricarte, o goberno local, a través das áreas de Participación e Innovación Democrática e a de Xustiza Social, iniciou un proceso participativo con toda a comunidade do centro (alumnado, nais e pais e profesorado) co obxectivo de definir as melloras que precisaba o patio, que comezaron a implementarse ao longo do pasado ano e continuarán no presente exercicio. "O Noso Patio é para nós un proceso participativo exemplar, xa que a iniciativa parte da sociedade civil e o Concello escoita, acompaña e aprende. Iniciativas así fannos construír, dende o común, a cidade que queremos: democracia e aprendizaxe colectiva deben ir da man e este é un gran exemplo", comentou Delso.

Pola súa banda, a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, indicou que o seu departamento leva xa investidos máis de 50.000 euros nos distintos procesos ligados ao proxecto de O Noso Patio, entre proceso participativo e distintas actuacións tales como a compra dos materiais que foron empregados na mellora do patio (plantas, pinturas, madeiras, etc), así como as obras de reforma das gradas. "A nosa intención é continuar coas actuacións de carácter construtivo para seguir definindo, entre todas, o novo patio", dixo Cameán. "É necesario entender os espazos da escola como espazos que motiven o desenvolvemento, a creatividade e a imaxinación co fin de contruír novas ideas. Un dos obxectivos fundamentais de O Noso Patio é crear comunidade, implicar a todos os actores educativos para que sintan o colexio como algo propio. O patio é un escenario de aprendizaxe e socialización, a súa reforma e a súa planificación entre toda a comunidade educativa non é algo menor", reflexionou.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?