Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

5 de diciembre de 2018

O goberno local presenta 'Cidade amigable cos animais', unha aplicación para móbiles que nace froito dos Orzamentos Participativos "e que incide no compromiso de avanzar nas políticas de benestar animal”"

As edís Claudia Delso e María García presentaron a iniciativa veciñal, dispoñible en www.coruna.gal/mascotas e que dá a coñecer as posibilidades que ofrece a cidade para as mascotas

O Concello da Coruña dispón, desde hoxe, dunha nova aplicación para dispositivos móbiles vinculada ao benestar animal e convivencia no termo municipal. Cidade amigable cos animais, á que se pode acceder a través do portal web www.coruna.gal/mascotas, é unha das propostas veciñais gañadoras do programa de Orzamentos Participativos da edición de 2016, e supón a implantación dun novo espazo de consulta dixital que dá a coñecer as posibilidades que ofrece o municipio, tanto a nivel de instalacións públicas como de iniciativas privadas, para as mascotas; ademais de recursos de utilidade para as súas donas e donos, como información sobre trámites administrativos a realizar, servizos dispoñibles ou consellos. Tal e como explicou a titular de Medio Ambiente, María García, esta app "sitúase na liña das políticas públicas impulsadas polo goberno municipal de apostar pola innovación, neste caso tecnolóxica, para avanzar no benestar animal, na tenza responsable e na convivencia pacífica".  

Cidade amigable cos animais recolle os servizos que se ofrecen a nivel municipal, como as novas áreas de esparexemento canino, o programa de colonias felinas ou a centralización do sistema de adopción a través do Centro Municipal de Acollida, pero tamén dá a coñecer recursos privados destinados ao coidado de animais, como asociacións protectoras, clínicas veterinarias ou entidades de defensa da fauna salvaxe. Outra das novidades desta proposta é que conta cun mapa de establecementos de lecer ou con servizos á veciñanza que que admiten a entrada de mascotas, como cafeterías ou hoteis. García sinalou que tanto a web como o mapa de iniciativas públicas e privadas, que actualmente recolle 57 puntos ou entidades, "ten vocación de medrar". "O mapa actualizarase, como mínimo, dúas veces ao ano. Agardamos que tanto as e os responsables dos locais, como as usuarias e usuarios da aplicación, fagan as súas achegas a través do formulario que se atopa tanto na web como na app para poder incorporalas a un espazo que dispón de información relevante para a cidadanía", apuntou a edil.

María García estivo acompañada na presentación pola responsable de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, e do veciño impulsor da idea, Rubén Pérez, representante da entidade animalista Libera. Tal e como apuntou Delso, Cidade amigable cos animais é a segunda iniciativa veciñal resultante dos Orzamentos Participativos que o goberno local presenta esta mesma semana, logo de dar a coñecer onte, a través dun roteiro, o resultado da restauración do conxunto escultórico dos Xardíns de Méndez Núñez. "O Concello da Coruña segue a executar, tal e como se comprometeu a través deste programa, os proxectos de investimento promovidos e escollidos pola veciñanza, que redundan no beneficio de toda a cidadanía", sinalou a concelleira. A aplicación, realizada polo servizo municipal de Innovación Tecnolóxica, supuxo un investimento de 15.000 euros, segundo lembrou Delso.

Pola súa banda, Rubén Pérez sinalou que a intención de Libera á hora de realizar a proposta foi, fundamentalmente, "achegar a cidadanía espazos amigables cos animais". "Esta aplicación dá un novo paso na implicación da veciñanza coa tenza responsable, ademais de ofrecer a posibilidade de situar á cidade como un destino  para as persoas que entenden e respectan aos animais de xeito integral", apuntou.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?