Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

11 de marzo de 2019

O Pazo de María Pita acolle ata o domingo a exposición dos proxectos sobre os terreos portuarios, que se poden votar ata o día 26

A documentación das cinco propostas máis valoradas no concurso de ideas do bordo litoral está dispoñible na web A Porta Aberta, dende a que se leva a cabo a consulta, e o centro Ágora e o Fórum contan con puntos de apoio para facilitar o proceso de participación

A exposición no Pazo de María Pita dos proxectos máis valorados no concurso de ideas para o futuro do bordo litoral afronta a súa última semana. O casa consistorial acolle ata este domingo 17, a mostra dos paneis e vídeos explicativos realizados polos equipos que redactaron as propostas e que é unha das vías dispostas para facilitar á cidadanía o acceso e o coñecemento dos proxectos de cara á súa votación, que continúa aberta ata o 26 de marzo. O proceso de participación e valoración das propostas gañadoras do concurso de ideas posto en marcha polo Goberno local permite que a cidadanía elixa as mellores ideas dos cinco proxectos sobre cinco cuestións clave para o futuro dos terreos portuarios interiores da cidade, e que veñen marcadas polas conclusións do foro Tecendo Litoral que se celebrou no pasado abril. A votación seleccionará as propostas que dean as respostas máis axeitadas, segundo o criterio cidadán, á integración entre o porto e a cidade; á mobilidade e á accesibilidade; á creación de emprego; ao medio ambiente e á participación cidadá.

Para facilitar o coñecemento dos proxectos, a Concellería de Participación e Innovación Democrática organizou a mostra dos paneis e vídeos por varias vías. Así, estarán ata o vindeiro domingo día 17 de maneira física no Pazo de María Pita, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Tamén están e continuarán dispoñibles on line na páxina web aportaaberta.coruna.es sen data límite. Os proxectos foron así mesmo presentados de maneira pública polos equipos redactores dos mesmos no espazo Tribuna Pública que está instalado na praza da Fábrica de Tabacos.

A votación realízase a través do portal da Porta Aberta, o mesmo que se emprega para as votacións dos Orzamentos Participativos e baixo os mesmos criterios. É dicir, persoas empadroadas no Concello da Coruña e maiores de 16 anos. O proceso de votación conta tamén con tres puntos de atención presencial con persoal para apoiar e axudar a calquera cidadán que se achegue a facelo. Estes tres espazos están situados na propia zona de exposición do proxectos no Pazo de María Pita, no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Así mesmo, o persoal de equipamentos municipais como centros cívicos ou bibliotecas tamén servirá de apoio no proceso, do que tamén se informa a través do  teléfono de atención 010. As conclusións desta votación permitirán ao Concello fomentar o debate cidadán sobre o futuro dos terreos portuarios e seguir avanzando na creación nun banco de ideas para a definición dos seus usos.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?