Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2019

O espazo de dinamización para a mocidade na Sagrada Familia experimenta durante o mes de marzo coa fotografía creativa, a maxia ou a modelaxe

Os mozos e as mozas usuarias deste punto de encontro, posto en marcha pola Concellería de Participación e Innovación Democrática, deciden cada mes en asemblea as actividades que realizan

A programación didáctica e de entretemento para o espazo de mocidade no barrio da Sagrada Familia durante o mes de marzo inclúe actividades, gratuítas, relacionadas coa fotografía, a maxia e a modelaxe, entre outras. A Concellería de Participación e Innovación Democrática puxo en marcha no 2017 este punto de encontro piloto, no que son os propios e as propias usuarias as que deciden, de maneira asemblearia, as accións a realizar.

A actividades deste mes comezaron cun obradoiro de creación de máscaras, antes das festividades do Entroido, que empregaron tamén no taller de fotografía creativa, que tivo como obxectivo fomentar a creatividade e a autoestima e a construción da persoa adulta. As actividades continúan esta semana cun obradoiro de maxia, no que aprenderán algúns trucos, o día 15 e co taller de tatuaxes de henna que se celebra regularmente no espazo. Na seguinte semana, está programada unha actividade de modelaxe na tarde do día 22, e para rematar, haberá xogos en grupo, que buscan a creación de vínculos de confianza, o venres día 29.

O espazo, que conta con dúas persoas para a súa dinamización, está aberto de martes a domingo de 17.00 a 21.00 horas, un horario no que a mocidade pode acceder ao espazo para realizar outras actividades individuais ou en grupo fóra das programadas. Estas horas amplíanse os venres e os sábados, ata as 23 horas, por ser os días nos que se desenvolven os obradoiros. Ademais, entre as actividades do espazo están programadas as dúas asembleas que os mozos e as mozas usuarias realizan dous xoves ao mes e que consisten unha xuntanza na que se decide de maneira colectiva os obradoiros e outras accións que se realizan no punto de encontro, localizado no cuarto andar do centro social da Sagrada Familia.

Para máis información sobre este espazo no barrio da Sagrada Familia, pódese visitar a páxina web municipal http://www.coruna.gal/participacion/gl/mocidade/mocidade-sf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión