Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2018

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia contará no mes de decembro con 118 horas de programación abertas ao barrio

Xogos en grupo, improvisación teatral ou obradoiros con henna serán algunhas das actividades que oferte o proxecto impulsado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática

O punto de encontro para a mocidade da Sagrada Familia ofrecerá, no mes de decembro, unha programación diversa que completará as opcións de lecer alternativo para a xuventude do barrio. Xogos grupais, obradoiros con henna ou ou improvisación teatral serán algunhas das propostas que se ofrecerán a través deste proxecto piloto, posto en marcha pola Concellería de Participación e Innovación Democrática en 2017, e no que as súas usuarias e usuarios deciden as iniciativas que se levarán a cabo nas seguintes semanas. Situado no cuarto andar do centro social da Sagrada Familia, o espazo municipal abre todas as tardes de martes a domingo, en horario de 17.00 a 21.00 horas --agás no festivo do 25 de decembro--. Os venres e sábados, días nos que se desenvolven os obradoiros, o punto de encontro amplía o seu horario de apertura até as 23.00 horas. Durante o mes de decembro, o espazo estará aberto un total de 118 horas, "o que supón unha opción real e alternativa para a mocidade durante un mes cunha considerable carga non lectiva", apunta a concelleira Claudia Delso, "o que favorecerá que dispoñan, neste punto, de máis tempo para poder relacionarse, convivir e compartir momentos de encontro".

Entre os talleres e actividades que terán lugar este mes de decembro, sitúase un xogo de detectives --venres 7--, dirixido a fomentar a colaboración e o traballo en equipo, na que as e os asistentes deberán resolver, en común, unha incógnita. Ao día seguinte, o sábado 8, ofrecerase o primeiro dos dous talleres desde mes --o seguinte será o sábado 22-- de henna, unha das actividades máis demandadas polas e polos asistentes ao espazo. Á semana seguinte, tras a asemblea do día 13 --a seguinte terá lugar o xoves 27--, o día 14 celebrarase un obradoiro de improvisación teatral, co obxectivo de fomentar a desinhibición e a confianza entre as e os participantes. O mércores 19, mércores, realizarase un taller de decoración laica e o venres 21 unha serie de xogos en grupo. Na última semana do ano, celebrarase un certame de retos e unha festa pre-fin de ano.

Para máis información sobre o punto de encontro da mocidade na Sagrada Familia, pódese visitar o web municipal http://www.coruna.gal/participacion/gl/mocidade/mocidade-sf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión