Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2019

O Goberno local inicia a licitación dos servizos de coordinación e comunicación do Laboratorio Cidadán da Coruña, “que darán continuidade e estabilidade a un programa innovador”

Os pregos regulan a prestación destas dúas actividades durante os anos 2019 e 2020, coa opción de prórroga, cun prezo base de 133.523 euros anuais. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 8 de maio

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, área que dirixe Claudia Delso, vén de abrir o proceso de licitación dos labores de coordinación e comunicación do Laboratorio de Innovación Cidadá da Coruña, o Co-Lab  o espazo dirixido a deseñar e poñer en marcha proxectos de innovación social e mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables. O novo contrato regula a prestación dos servizos de coordinación e mediación e de comunicación do programa para os anos 2019 e 2020, coa posibilidade de prórroga de dous anos máis como máximo, e está dividido en dous lotes. A concelleira Delso salienta que con este contrato se incide "na continuidade e afianzamento dun programa innovador, que é punto de encontro e de traballo para o tecido social da cidade, e tamén para o fomento da estabilidade no emprego arredor desta iniciativa, como vén facendo o Goberno local en todos os seus contratos". O contrato ten un orzamento base de licitación de 133.523,63 euros anuais, dos que 98.647, 38 corresponden ao lote 1, de coordinación e mediación, e 34.876,26 euros ao segundo dos lotes, de comunicación.  O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 8 de maio.

"O Co-Lab impulsa e apoia as iniciativas que poden converterse nun motor de transformación social e que se dan na propia comunidade. Temos un potencial de creación e de coñecemento, unha intelixencia colectiva á que atende este programa, que buscamos consolidar e darlle continuidade a través deste contrato", apunta Delso. O servizo de coordinación e mediación ten como funcións desenvolver, dinamizar e consolidar o labor do Co-Lab, para o que deberá deseñar e planificar a estratexia de actuación seguindo as pautas da Concellería de Participación e Innovación Democrática, así como promover a posta en marcha de novos grupos de traballo, favorecer a súa diversidade e continuar co traballo desenvolvido na Forxa, o repositorio  transmedia aberto e de libre uso que incorpora toda a documentación producida durante o proceso de construción colectiva do Co-Lab.

Tamén se buscará sensibilizar e favorecer a participación activa da cidadanía nos diferentes procesos e espazos postos en marcha, así como os debates públicos. Pola súa banda, o servizo de comunicación será o encargado de deseñar, coordinar e producir a estratexia de información do programa, partindo da imaxe existente, así como de crear e difundir os materiais e comunicacións precisas para transmitir o labor e actividades da iniciativa.

Toda a información sobre a licitación pode atoparse no seguinte enlace: https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/Dco7CoAwDADQIwV0ExwE6-Do4KeLRBMlmNZaSsHb6_jggYUZrMcsJya5PervhZiDir8q4oSqvKrsknD_A0xgwQqZrLB0W0njEbXNhZg-jsOj99vUNQTnmg9Q6lna/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión