Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Faro de Oza

OS TEUs RIBEIRA SACRA EN NOVO MESOIRO

Estes dous espazos, situados na rúa Ribeira Sacra, no barrio de Novo Mesoiro, intégranse na rede de infraestruturas sociais TEU, posta en marcha pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática.

Os espazos TEU son unha rede de espazos abertos que o Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía para o seu uso público, aberto e múltiple, e os de Ribeira Sacra son o segundo e o terceiro espazos en formar parte deste novo modelo de uso.

Unha nova forma de usar os espazos públicos

De maneira xeral, durante a semana, os locais estarán abertos en horario de tarde para o uso público común, compartido e convivencial de toda a veciñanza do barrio. Ambos dispoñen de rede wifi e postos individuais de lectura, estudo e traballo con conexión á rede, e contan con persoal de información e apoio.

Ademais, os TEUs Ribeira Sacra poderanse solicitar, principalmente durante as fins de semana, para utilizar de forma particular e reservada para celebracións familiares, eventos, reunións, charlas, obradoiros, e actividades similares.

Un recurso novo no barrio para as asociacións e colectivos

As entidades do barrio terán á súa disposición os TEUs Ribeira Sacra para organizar actividades comunitarias, grupais e colectivas, de carácter gratuíto, sempre que sexan compatibles co uso público común e aberto do espazo.

Descubre todas as posibilidades dos Espazos TEU.

Son para que os desfrutes.

Son para o que necesites.

1. POSIBILIDADES DE USO DOS TEUs RIBEIRA SACRA

Uso público común

De maneira xeral, podes usalos libremente como espazos públicos de uso común. Os dous están abertos de luns a venres, de 17:00 a 20:30 h, para o uso público, compartido e convivencial. Podes ir ler, escribir, xogar, estar, conversar, participar, estudar nos puntos de lectura, cociñar, xuntarte coa veciñanza, ir coa familia pasar a tarde, ler contos e calquera outro uso libre que queiras facer do espazo durante este horario de apertura habitual.

Igualmente, neste horario, as entidades e colectivos (e tamén calquera persoa) poden desenvolver actividades colectivas e/ou grupais que sexan compatibles co uso comunitario dos espazos (cursos, reunións, xogos colectivos, obradoiros etc.).

Se queres facer este tipo de actividades durante o horario habitual de apertura, deberás facer unha petición de espazo e comunicación previa ao persoal de información e apoio dos TEUs Ribeira Sacra, responsable da xestión do uso e da coordinación xeral dos espazos.

Solicita os TEUs para usos puntuais

Ademáis existe tamén a posibilidade de solicitar calquera dos dous espazos para utilizar de forma particular e reservada. Nesta modalidade están dispoñibles en horario de mañá de luns a venres (de 9:00 a 17:00 h) a última hora da tarde dos venres, as fins de semana e datas festivas completas, as tardes do mes de xullo e durante todo o mes de agosto, con algunas excepcións.

Podes solicitalos para facer unha xuntanza, celebración, reunión familiar, actividade formativa, social ou cultural, e para facelo tes que ser maior de idade e estar empadroado/a na Coruña.

Podes facer a solicitude con carácter privado/particular ou ben en representación dunha entidade/asociación/colectivo informal con sede dentro do termo municipal da Coruña.

2. DISPOÑIBILIDADE HORARIA XERAL

O horario de apertura habitual de ambos os locais, tempo durante o que se poden utilizar libremente, é o seguinte:

Luns a venres Data de peche anuais
Setembro e xuño 17:00 h-20:30 h

1 e 6 de xaneiro

24, 25 e 31 de decembro

Xullo 11:00 h-14:00 h

Durante este horario de apertura, os locais contarán con persoal de información e apoio a disposición das persoas usuarias.

Os tempos dispoñibles para a solicitude puntual dos locais, fóra do seu horario habitual do uso común, para utilizar de forma reservada e particular,  son os seguintes:

Luns a xoves Venres Sábados, domingos e festivos Datas de peche anuais
Mañás Tardes Mañás Tardes
Setembro e xuño

09:00 h

17:00 h

09:00 h

17:00 h

20:30 h

22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

1 e 6 de xaneiro

24, 25 e 31 de decembro

Xullo

14:00 h

22:00 h

14:00 h

22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Agosto

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Consulta os requisitos e procedemento de solicitude e as condicións de uso.

3. EQUIPAMENTO E CAPACIDADE DOS LOCAIS

O TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo municipal público, aberto e multifuncional, cun tamaño aproximado de 100 m/2 e capacidade para albergar un máximo de 70 persoas, que conta co equipamento seguinte:

  • Plataforma de madeira elevada para pequenas actuacións
  • Mamparas separadoras de espazos
  • Mobiliario básico (mesas e cadeiras)
  • Postos individuais de lectura, estudo e traballo con conexión á rede
  • Rede wifi
  • Canón proxector
  • Toma de auga e vertedoiro
  • Aseos

Pola súa banda, o TEU Ribeira Sacra 15, é tamén un espazo público aberto, de 80 m/2 distribuído a maioría en planta baixa e unha pequena superficie de uso nun andar superior. A capacidade máxima deste local é de 50 persoas e está equipado con:

  • Cociña con forno e campá extractora
  • Mamparas separadoras de espazos
  • Mobiliario básico (mesas e cadeiras)
  • Postos individuais de lectura, estudo e traballo con conexión á rede
  • Rede wifi
  • Aseos

4. COMO FACER A SOLICITUDE PARA O USO PUNTUAL RESERVADO

O PRAZO PARA SOLICITAR O USO PUNTUAL DOS TEUs RIBEIRA SACRA COMEZA O LUNS 3 DE DECEMBRO DE 2018

  • Se es unha persoa maior de idade, estás empadroado/a na Coruña e precisas un lugar onde poder realizar unha reunión, celebración familiar, charla, xuntanza de traballo, actividade de formación ou calquera outra social ou cultural, para ti ou en representación dunha asociación, entidade ou colectivo informal, podes solicitar o uso puntual dos TEUs Ribeira Sacra de Novo Mesoiro.
  • Podes solicitar o uso do espazo que mellor se adapte ás túas necesidades de luns a vernes, de 09:00 a 17:00 horas. Durante o mes de xullo, de luns a venres, poderás usar estes locais en horario de tarde (de 14:00 a 22:00 h). Os sábados, domingos, festivos, e durante todo o mes de agosto, podes facer a solicitude para un día completo, de 09:00 a 22:00 h, e ata un máximo de dous días consecutivos.
  • A autorización de uso é gratuíta.

Interésache?

  • Só tes que solicitalo por rexistro, como mínimo 7 días naturais antes da data desexada e como máximo, dentro do mes en curso e os dous meses posteriores.
  • As autorizacións outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro.

Toda a información para solicitar os TEUs Ribeira Sacra está aquí .

Podes descargar o modelo de solicitude e presentala nun rexistro presencial, incluíndo o punto de rexistro do Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro, ou facelo a través da sede electrónica con certificado dixital en  https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=822

Quen os pode solicitar?

Calquera persoa maior de idade empadroada na Coruña pode solicitalo para unha actividade privada ou en representación dunha asociación ou entidade con sede social na cidade.

Para que os podo solicitar?

Para unha actividade de ámbito privado (reunión familiar, festa de aniversario, xuntanza de traballo...) ou para actividades de asociacións, entidades ou colectivos informais (formación, coloquios, charlas, talleres ou calquera outra con proxección social ou cultural beneficiosa para a veciñanza da cidade).

Como fago a solicitude?

Hai que cubrir un formulario de solicitude que podes ver aquí e entregalo:

  • De forma presencial, nos seguintes rexistros:
    • Rexistro Xeral do concello (Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña)
    • Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña)
    • Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña)
    • Punto de rexistro do Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro
  • Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do concello
  • A través do rexistro telemático identificándote con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido: https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=822

Que prazo teño para solicitalos?

Podes solicitar o uso puntual dos TEUs Ribeira Sacra durante todo o ano. Como mínimo debes presentar a solicitude 7 DÍAS NATURAIS antes da data elixida e, como máximo, a data debe pertencer ao mes en curso ou aos dous meses posteriores.

Como norma xeral, todos os espazos TEU non estarán dispoñibles os días 24, 25 e 31 de decembro, nin os días 1 e 6 de xaneiro.

Para saber se a data que queres está dispoñible, consulta o calendario de ocupación.

Teño que avisar se ao final non o podo usar?

Si. Se tes algún dos espazos TEU reservado para un día e ao final non podes facer uso del, débesllo notificar á Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do correo participacion@coruna.escunha antelación mínima de 48 h.

5. CONDICIÓNS DE USO

Tras realizar as obras de acondicionamento necesarias, o Concello da Coruña pon a disposición do uso da cidadanía dous novos espazos en Novo Mesoiro.

Trátase de dous baixos de titularidade municipal situados na rúa Ribeira Sacra, un deles no número 15-1, cunha superficie útil de 80 m/2, e o segundo no número 17, cun tamaño maior, de 106 m/2 útiles.

Ambos espazos intégranse na nova rede de infraestruturas sociais denominadas TEUs, posta en marcha pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática, coa apertura do Faro de Oza. O funcionamento destes dous novos locais terá unhas particularidades específicas, combinando varias posibilidades de uso.

Nos dous espazos establécense franxas temporais con distintas opcións de uso: de maneira xeral, durante a semana, os locais estarán abertos en horario de tarde para o uso público común, compartido e convivencial de toda a veciñanza, para estar, estudar, traballar, leer, ou ben desenvolver actividades colectivas e/ou grupais que sexan compatibles co uso comunitario do espazo, sempre de carácter gratuíto e aberto.

Ademáis existe tamén a posibilidade de solicitar calquera dos dous espazos para utilizar de forma particular e reservada. Nesta modalidade están dispoñibles en horario de mañá de luns a venres, a última hora da tarde dos venres, as fins de semana e datas festivas completas, as tardes do mes de xullo e durante todo o mes de agosto, con algunas excepcións.

Conforme esta segunda opción, os locais funcionarán tamén, do mesmo xeito que o Faro de Oza, como espazos con autorización de uso puntual para celebracións familiares, charlas, obradoiros, e actividades similares.

Opcións e modalidades de uso

O baixo situado na rúa Ribeira Sacra, núm. 17, identificado como TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo municipal público, aberto e multifuncional, equipado con:

  • Plataforma de madeira elevada para pequenas actuacións
  • Mamparas separadoras de espazos
  • Mobiliario básico (mesas e cadeiras)
  • Postos individuais de lectura, estudo e traballo con conexión á rede
  • Rede wifi
  • Cañón proxector
  • Toma de auga e vertedoiro
  • Aseos

Durante o horario de apertura habitual, este local está destinado ao uso público comunitario por parte da veciñanza para actividades individuais (estar, ler, traballar, estudar, xogar etc.) ou grupais (reunións, obradoiros, actividades formativas, charlas ou coloquios etc.), sempre que sexan actividades colectivas compatibles co uso comunitario do espazo e gratuitas.

O baixo situado na rúa Ribeira Sacra, núm. 15, identificado como TEU Ribeira Sacra 15,  é tamén un espazo público aberto, multifuncional, a maioría en planta baixa e unha pequena superficie de uso nunha planta superior, equipado con:

  • Cociña con forno e campana extractora
  • Mamparas separadoras de espazos
  • Mobiliario básico (mesas e cadeiras)
  • Postos individuais de lectura, estudo e traballo con conexión á rede
  • Rede wifi
  • Aseos

Durante o horario de apertura habitual, este local funciona de maneira prioritaria (ainda que non exclusiva nin excluínte) como espazo público de encontro para a mocidade para o desenvolvemento de actividades individuais (estar, ler, estudar, xogar, conectarse á rede internet etc.) ou grupais (reunións, xogos educativos, obradoiros, actividades formativas etc.), sempre que sexan actividades colectivas compatibles co uso comunitario do espazo e gratuitas para todas as persoas participantes.

O horario de apertura habitual para ambos os locais (tempo durante o que terán unha modalidade de uso público aberto, compartido e comunitario) é o seguinte:

Luns a venres

Datas de peche anuais

Setembro a xuño

17:00 h - 20:30 h

1 e 6 de xaneiro 

24, 25 e 31 de decembro

Xullo

11:00 h - 14:00 h

Durante este horario de apertura, os locais contarán con persoal de información e apoio, cuxas funcións serán as seguintes:

  1. Apertura e peche dos locais respectando o horario fixado, comprobando o seu mantemento xeral e o correcto funcionamento de todas as instalacións e servizos. Calquera incidencia detectada será recollida por estas persoas, que a trasladadarán coa maior brevidade posible á Concellaría de Participación e Innovación Democrática.
  2. Información e asesoramento á veciñanza sobre os TEUs, e especialmente as modalidades e condicións de uso, características específicas de funcionamento, recursos, opcións e dispoñibilidade dos TEUs Ribeira Sacra.
  3. Apoio ás entidades e colectivos que planifiquen e desenvolvan actividades grupais durante este horario de apertura habitual e uso público común.
  4. Planificación e coordinación do calendario de usos e ocupación para a realización das actividades grupais. O persoal de apoio informará sobre a dispoñibilidade dos espazos e recollerá as peticións para o desenvolvemento destas actividades colectivas.
  5. Apoio e axuda ás persoas usuarias para a tramitación de solicitudes de uso puntual reservado dos TEUs a través da sede electrónica, nomeadamente no caso de peche do punto de rexistro do Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro.

No que se refire ás actividades grupais organizadas por veciñas e veciños, entidades ou colectivos, en calquera de ambos os dous locais, durante este horario de apertura habitual, será preciso facer unha petición e comunicación previa ao persoal de información e apoio, especificando a data e horario específico da súa realización e as condicións en que se desenvolverán. Esta petición e comunicación previa realizarase nun formulario específico dispoñible nos propios locais e na páxina web de participación.

Fóra deste horario de apertura habitual, poderán solicitarse os TEUs Ribeira Sacra, do mesmo xeito que o TEU Faro de Oza, para a realización de reunións privadas, celebracións familiares, cursos, talleres, reunións e actividades doutro tipo, sempre sen ánimo de lucro, organizadas por persoas físicas, asociacións ou colectivos informais. Neste caso, logo da solicitude previa e valoración dela, o Concello outorgará  unha AUTORIZACIÓN DE USO PUNTUAL para o uso particular e reservado do espazo.

O horario posible de solicitude dos locais para o seu uso reservado puntual é o seguinte:

Luns a xoves Venres Sábados, domingos e festivos Datas de peche anuais
Mañás Tardes Mañás Tardes
Setembro e xuño

09:00 h

17:00 h

09:00 h

17:00 h

20:30 h

22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

1 e 6 de xaneiro

24, 25 e 31 de decembro

Xullo

14:00 h

22:00 h

14:00 h

22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Agosto

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Día completo

09:00 h - 22:00 h

Natureza do uso público común aberto

Durante as franxas horarias fixadas como horario de apertura habitual dos locais, adoptarase a fórmula de "uso público común aberto e comunitario" para que todas as persoas que o desexen podan estar, traballar, estudar, xogar etc., ou tamén coa posibilidade de organizar e actividades colectivas ou grupais autorizadas, abertas e gratuitas.

As actividades grupais (cursos, reunións, xogos colectivos, obradoiros etc.) organizadas por persoas físicas, asociacións ou colectivos informáis durante o tempo desta modalidade de uso público común, requirirán unha PETICIÓN E COMUNICACIÓN PREVIA ao persoal de información e apoio dos TEUs Ribeira Sacra, responsable da planificación das actividades, da xestión do uso e da coordinación xeral dos espazos.

Natureza da autorización para o uso puntual reservado

Durante o resto do tempo, para facilitar o uso particular e reservado dos espazos, adoptarase a forma de AUTORIZACIÓN DE USO PUNTUAL, que consiste en destinar un local municipal para atender as demandas de persoas físicas e de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro e colectivos informais que desexen o uso puntual dun espazo para actividades como unha celebración, reunión familiar, charla, xuntanza de traballo, actividade de formación ou calquera outra con proxección social ou cultural beneficiosa para a veciñanza da cidade.

Quen pode facer uso público e comunitario dos locais ou solicitar a autorización puntual para o uso reservado?

En xeral, poden facer uso destes locais, en calquera das súas modalidades:

  • Cidadás e cidadáns que precisan dun espazo común para estar, traballar, conectarse á rede, reunirse, ou desenvolver actividades colectivas, e, durante os tempos dispoñibles para iso, tamén poden solicitalos para realizrar una reunión de ámbito privado.
  • Asociacións, entidades sen ánimo de lucro ou colectivos informais que, ben por non ter local, ou por telo pero non ter a capacidade e os recursos precisos, desexan desenvolver unha actividade social ou cultural (asemblea de persoas socias, actividades de formación, difusión do seu labor á cidadanía...), sempre de forma gratuíta para as persoas asistentes.

No caso do outorgamento das autorizacións puntuais para o uso reservado dos locais, as persoas físicas solicitantes deberán ser maiores de idade e figurar empadroadas no Concello da Coruña. Igualmente, as asociacións deberán ter a súa sede no termo municipal.

Sistema de petición e comunicación previa de actividades durante o horario habitual de apertura

As persoas físicas, asociacións e colectivos poden desenvolver actividades grupais e colectivas, en calquera dos dous locais, dentro do horario habitual de apertura, sempre que o calendario de ocupación do espazo o permita, que non estea prevista ningunha outra actividade e coa condición de que sexa unha actividade gratuita e compatible co uso comunitario do espazo.

Para desenvolver este tipo de actividades organizadas, nas que participan un grupo de persoas, é preciso solicitalo e comunicalo previamente directamente ao persoal de información e apoio presente nos TEUs Ribeira Sacra. Nesta comunicación previa deben constar as datas e o horario da actividade que se vai realizar, as súas características, número de persoas participantes e recursos para utilizar nela.

A petición e comunicación previa de realización de actividades grupais e/ou colectivas entregaráselle directamente de forma presencial ao persoal de información a apoio, cunha antelación mínima de 3 días á data de realización. En canto ao prazo máximo, só se terán en conta as peticións de actividades para realizar dentro do mes en curso e ata dous meses máis como máximo.

Non se poderán levar a cabo actividades, obradoiros, cursos etc., de forma planificada e continuada durante varias semanas ou meses ao ano, agás excepcións debidamente valoradas e autorizadas polo equipo técnico da Concellaría de Participación e Innovación Democrática.

Condicións para o uso público comunitario dos locais

En todos os casos, a utilización dos TEUs Ribeira Sacra 15 e 17 para a realización de actividades grupais e/ou colectivas, durante o horario de apertura habitual, será GRATUITA.

No caso de que a actividade sexa organizada por unha persoa física, esta deberá ser maior de idade e estar empadroada no Concello da Coruña.

No caso de que a actividade sexa organizada por unha asociación ou entidade, esta deberá ter a súa sede social dentro do termo municipal da Coruña.

CONDICIÓNS DE USO:

  • Os dous TEUs Ribeira Sacra contarán cun servizo de información, dinamización e coordinación prestado por persoal de apoio, que estará presente físicamente durante todo o horario de apertura habitual dos locais. Este persoal de información e apoio terá asignadas as funcións anteriormente relacionadas.
  • Non está permitido que as e os menores de 8 anos permanezan sós en calquera dos dous locais, sen o acompanamento permanente dunha persoa adulta responsable.
  • As persoas, grupos ou entidades que quiran realizar actividades grupais ou colectivas especificarán as características da actividade concreta que se vai realizar, data, horario, recursos para utilizar e número de persoas participantes; e achegarán todos estes datos na solicitude e comunicación previa entregada ao persoal de información e apoio do local.
  • As actividades grupais non poderán contar cun número de participantes que sobrepase a capacidade máxima do local (50 persoas no TEU-RB-15 e 70 persoas no TEU-RB-17), nin se poderán estender fóra do horario de apertura habitual dos espazos, que pecharán normalmente ás 20:30 h, agás no mes de xullo que abren en horario de mañá e a hora de peche é ás 14:00 h.
  • Non se poderán desenvolver actividades que poidan molestar o resto de persoas usuarias dos locais, nomeadamente actividades que se fagan con música ou niveis altos de ruido.
  • Non se permitirá ningunha actividade con ánimo de lucro, nin a venda de produtos ou o cobro de entrada ás persoas asistentes a calquera actividade, nin calquera actividade económica nos locais.
  • Poden colocarse elementos de decoración e ornamentais sempre que non leven ningún tipo de ancoraxe ás paredes, ao chan ou ao teito das estancias.
  • Calquera incidencia será comunicada ao persoal de información e apoio.

Solicitude e autorización para o uso puntual reservado

A autorización para o uso puntual reservado e particular dos TEUs Ribeira Sacra 15 e 17, inclúe o espazo completo, en calquera dos dous casos, e inclúe o equipamento correspondente de cada un dos locais (a cociña, no caso do TEU-RB15)

A solicitude de autorización de uso puntual presentarase por rexistro no punto de rexistro do Centro Cívico de Novo Mesoiro, no Rexistro Xeral de María Pita, no Fórum Metropolitano, no Ágora, ou a través da sede electrónica na páxina do Concello www.coruna.gal

Os formularios de solicitude están disponibles nos propios locais de Novo Mesoiro, no centro cívico e poden descargarse da páxina web de Participación Cidadá.

No caso de que o punto de rexistro do CCM de Novo Mesoiro non estea operativo para a presentación presencial da solicitude, e sempre que se dispoña dun certificado dixital ou un DNI electrónico, poderá optarse por presentar a solicitude a través da sede electrónica, contando co asesoramento e a axuda presencial do persoal de información e apoio dos TEUs Ribeira Sacra.

Poderán solicitarse datas dentro do mes en curso e ata dous meses máis como máximo, e cunha antelación mínima de 7 días naturais antes do día que se queira utilizar.

Condicións específicas para o uso puntual reservado

En todos os casos a autorización para o uso puntual reservado e particular dos dous TEUs Ribeira Sacra será GRATUÍTA.

A persoa solicitante debe ser maior de idade e estar empadroada no Concello da Coruña. Ademais, se actúa en representación dunha asociación ou entidade, esta debe ter a súa sede social dentro do termo municipal da Coruña.

A persoa solicitante terá a notificación da recepción da autorización de uso puntual, e asinará o compromiso de cumprimento das condicións de uso que se expoñen a continuación. Para tal efecto, presentarase no local o día solicitado á hora que se acorde previamente por SMS ou correo electrónico, e identificarase co DNI e a copia da súa solicitude, e recibirá no mesmo acto de comparecencia as chaves de acceso e a notificación da autorización co compromiso de cumprimento das condicións de uso, que deberá asinar. Con esa sinatura, a persoa solicitante asume, baixo a súa responsabilidade, velar polo coidado e respecto ás instalacións e faise responsable da limpeza e dos desperfectos que se poidan ocasionar.

CONDICIÓNS DE USO:

  • A persoa solicitante especificará o uso concreto para o que pide o local e só poderá destinalo a ese fin, segundo se recollerá na resolución de autorización de uso puntual.
  • A persoa solicitante, e responsable do uso, deberá estar presente durante todo o tempo que dure a utilización do espazo.
  • Non se poderá sobrepasar a capacidade máxima do local (50 persoas no TEU-RB-15 e 70 persoas no caso do TEU-RB-17), nin o horario máximo permitido que, en todo caso, nunca sobrepasará as 22:00 h.
  • Poden colocarse elementos de decoración e ornamentais sempre que non leven ningún tipo de ancoraxe ás paredes, ao chan ou ao teito das estancias.
  • Non se poderá facer ruído que moleste as persoas e a veciñanza dos edificios da contorna.
  • Non se permitirá ningunha actividade con ánimo de lucro, nin a venda de produtos ou o cobro de entrada ás persoas asistentes a calquera actividade, nin calquera actividade económica nos locais.
  • Non está permitido o consumo de bebidas alcohólicas nin o consumo de drogas en ningún caso, en ningún dos dous locais.
  • A persoa solicitante e, polo tanto responsable do uso do local, debe encargarse de recoller o lixo produto da actividade realizada e levalo aos correspondentes colectores.
  • Notificaráselle á Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do correo participacion@coruna.es, cunha antelación mínima de 48 h, en caso de non poder facer uso do local que se lle adxudicou.

Duración da autorización de uso puntual reservado

Para o uso puntual de carácter reservado existen varias posibilidades:

  1. Días laborables
    1. Entre os meses de setembro e xuño, de luns a venres, autorizarase o uso puntual reservado dos locais en horario de mañá entre as 9:00 e as 17:00 h, e únicamente os venres poderán usarse pola tarde, entre as 20:30 e as 22:00 h.
    2. Durante o mes de xullo, as autorizacións puntuais para usar os locais de forma reservada concederanse en horario de tarde entre as 14:00 h e as 22:00 h.
    3. No mes de agosto, os locais non terán uso público comunitario polo que poderán utilizarse de forma reservada e particular, con autorización de uso puntual para días completos, de 9:00 h a 22:00 h.
  2. Os sábados, domingos e festivos, durante todo o ano, os locais estarán dispoñibles para o seu uso reservado o día completo en horario de 9:00 h a 22:00 h. Tamén hai a opción de solicitar a fin de semana completa que suporía a autorización de uso dende as 9:00 h do sábado ata ás 22:00 h do domingo.

Durante todo o ano, en casos puntuais, e cando o interese da actividade o aconselle, o Concello da Coruña poderá autorizar unha duración maior.

Resolución da autorización de uso puntual

As autorizacións de uso puntual outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro. A Concellaría de Participación e Innovación Democrática asinará unha resolución de autorización de uso puntual a nome da persoa que corresponda, especificando a actividade que se poderá desenvolver, segundo a solicitude presentada.

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática informará previamente a persoa solicitante sobre a concesión da autorización de uso puntual á conta de correo ou número de teléfono sinalados na solicitude, sen prexuízo da entrega da notificación da resolución na comparecencia que teña lugar no día e hora establecidos para a entrega das chaves.

No caso de denegación da solicitude levarase a cabo unha comunicación previa nos mesmos termos indicados para a concesión (mediante teléfono ou correo electrónico), e tamén se enviará a notificación por correo certificado, salvo que a persoa solicitante indicara na solicitude que autoriza o Concello a enviarlle notificacións á Caixa de correos electrónica, accesible na sede electrónica.

Réxime de funcionamento no uso puntual reservado

  1. Recollida das chaves: dende a Concellaría de Participación e Innovación Democrática contactarán coa persoa solicitante para concertar unha hora dentro do día da autorización de uso puntual, na que se entregarán as chaves no local xunto coa notificación da resolución da autorización. Só poderá recoller a chave a persoa solicitante, mostrando o DNI e a copia da solicitude, e asinará a notificación e a aceptación das condicións de uso. En ningún caso se poderán recoller as chaves antes da hora indicada.
  2. Devolución das chaves: a persoa solicitante devolveralle as chaves no propio local ao persoal de información e apoio, ou ben á persoa encargada de recollelas, e será en calquera caso as 22:00 h a hora límite.
  3. Limpeza do local: o Concello manterá un servizo de limpeza semanal do local, pero advertirá no documento de compromiso da normativa que é responsabilidade da persoa solicitante deixar o local limpo e nas mesmas condicións en que o atopou. Ademais, deberá facerse cargo do lixo e residuos producidos na actividade realizada.
  4. Incidencias: no caso de atopar algunha incidencia, enviarase un correo electrónico a participacion@coruna.es acompañado de fotografías, a data do evento e os datos da persoa solicitante. De atopar algunha incidencia grave, contactarase directamente coa Policía Local no 092.

Condicións xerais de uso en calquera modalidade

  • Os TEUs Ribeira Sacra 15 e 17 permanecerán pechados e non estarán dispoñibles en ningunha das modalidades de uso posibles durante os días 24, 25 e 31 de decembro e tamén os días 1 e 6 de xaneiro.
  • O Concello da Coruña non se responsabiliza das actividades que se realicen dentro dos locais cando os compromisos asumidos pola persoa ou entidade solicitante ou organizadora da actividade sexan incumpridos, e corresponderalle exclusivamente a esta as consecuencias dos seus actos.
  • O Concello non se fai responsable da desaparición de calquera obxecto (bolsos, teléfonos, pezas de vestir etc.) que se produza durante a realización dunha actividade.
  • O Concello queda facultado para denegar a autorización de uso dos locais no caso de solicitantes, persoas, entidades ou colectivos que teñan antecedentes de incidentes no uso destes locais, en calquera das súas modalidades.
  • Igualmente o Concello da Coruña poderá denegar a autorización de uso reservado, ben porque precise o espazo solicitado para desenvolver unha actividade propia, ben pola natureza das actividades para desenvolver ou por motivos xustificados que así o aconsellen.
  • Do mesmo xeito, o Concello da Coruña poderá non autorizar unha actividade grupal para desenvolver durante o horario habitual de apertura dos locais, por non considerala compatible co uso público comunitario do espazo, polas propias características da actividade ou por motivos xustificados que así o aconsellen.

Eventos

  • Dillo ti

    Cartel evento

    Cuándo:

    22/12/2018

    Horario:

    Ás 12.00 h

    Dirección:

    CPR Liceo la Paz. Calle Sebastián Martínez Risco 12. 15009 A Coruña

    Conversas co alcalde e o goberno municipal

  • Proceso participativo Naves do Metrosidero

    cartel

    Cuándo:

    15/12/2018

    Inscripciones:

    Confirmación de asistencia en xuventude@coruna.es

    Horario:

    Ás 10.30 h

    Dirección:

    Centro Cívico Ciudad Vieja. Calle Veeduría 2. 15001 A Coruña

    Precio:

    Gratuíto

    Encontro aberto á cidadanía

  • Escuela de Participación

    banner

    Cuándo:

    Desde el 03/10/2018 hasta el 18/12/2018

    Inscripciones:

    diferentes plazos para cada taller

    Horario:

    diferentes horarios para cada taller

    Dirección:

    Espacio de Iniciativas Juveniles. Calle Matadero 68, Bj. 15002 A Coruña

    Precio:

    Gratuito

    Programa de formación para entidades, colectivos informales y ciudadanía en general

Eventos Ribeira Sacra

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?