Concello da Coruña

Concello da Coruña

Barrios en movemento: Convocatoria de subvencións ás entidades veciñais

Convocatoria entidades veciñais

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/07/2017 ata o 07/08/2017

Xa rematou

Horario:

 >> BOP nº127 do 6 de xullo de 2017

Páxina web:

www.coruna.gal/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1 - 2º

Tel.: 981 184 200 Ext.: 10165 - 10909

participacion@coruna.es

Documentos:

2017 Convocatoria de subvencións a entidades veciñais para GASTOS XERAIS (1 MB)

2017 Convocatoria de subvencións a entidades veciñais para PROXECTOS OU ACTIVIDADES (430 KB)

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática ten a vontade de prestar todo o seu apoio ao asociacionismo veciñal, por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía, e contribúen á construción colectiva da nosa cidade. Polo tanto, a través destas axudas económicas préstase apoio económico para axudar ao seu funcionamento, subvencionando os gastos xerais das asociacións veciñais da Coruña que carecen dun local propio ou en réximen de cesión gratuita, e apoiase economicamente a realización de proxectos, programas e actividades que promovan a dinamización das asociacións veciñais da Coruña e que as manteñan como instrumentos activos e canalizadores de participación.

Extracto das bases:

A | OBXECTOS E FINALIDADES DAS CONVOCATORIAS 

É obxecto destas convocatorias outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en dúas modalidades:

- Convocatoria para gastos de funcionamento

Co fin de apoiar economicamente os gastos de funcionamento das asociacións veciñais que carezan de local municipal en réxime de cesión gratuita durante o ano 2017, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

- Convocatoria para programas, proxectos e/ou actividades

Para financiamento de programas, proxectos ou actividades de interese social ou cultural que realicen as entidades veciñais da Coruña durante o ano 2017, que favorezan a participación cidadá e que teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais. 2. Outorgarase subvención a aqueles programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos nos que poidan tomar parte veciños e veciñas dun barrio concreto, ou ben de toda a cidade. 3. Igualmente concederanse axudas para o desenvolvemento de proxectos, programas e actividades culturais, formativas e educativas, valiosas para toda a cidadanía, sen ser necesario ter a condición de socio/a para participar nelas, e que favorezan a participación activa na vida da cidade. 4. Por último, poderán tamén subvencionarse algunhas celebracións populares que contribúan a manter tradicións culturais ou costumes propios de arraigo nos barrios.

B | ENTIDADES PARTICIPANTES

- Na convocatoria para gastos de funcionamento

Poderán ser beneficiarias as entidades veciñais que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) e que carezan de local municipal en réxime de cesión ou noutras condicións de uso gratuítas. Quedan excluídas desta convocatoria as entidades que sexan beneficiarias, no ano 2017, de convenio nominativo por importe superior a 15.000,00 euros, dentro da mesma ou de distinta área do Concello da Coruña. Esta convocatoria é compatible coa convocatoria para actividades e proxectos tramitada pola mesma concellería.

- Na convocatoria para programas, proxectos e/ou actividades

Poderán ser beneficiarias as federacións e asociacións veciñais, legalmente constituídas, que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC). Non poden ser beneficiarias as entidades veciñais que manteñan no ano 2017 un convenio nominativo coa Concellaría de Participación e Innovación Democrática. Igualmente se o manteñen con outras áreas do Concello, cando estes convenios se asinen para o desenvolvemento de proxectos e actividades relacionadas co obxecto desta convocatoria, ou teñan os mesmos colectivos destinatarios.

C | SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

As solicitudes de subvención poden presentarse na sede electrónica, no Rexistro Xeral do Concello, nos rexistros auxiliares ou por calquera medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Xunto coa solicitude deberán achegarse os impresos de solicitude debidamente cubertos. Cando o importe da subvención proposto na resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, poderase reformular a solicitude.

Acceso directo á sede electrónica municipal para:

- Convocatoria de subvenciones para gastos generales

-  Convocatoria para proyectos y actividades

E | PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para presentar estas solicitudes será dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, sendo este prazo do 7 de xullo ao 7 de agosto de 2017. 

 >> BOP nº127 do 6 de xullo de 2017

>> Consulta as bases para ambas convocatorias nos documentos de descarga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión