Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de verán para mozos e mozas

Periodo de inscrición

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/06/2017 ata o 10/06/2017

Xa rematou

Formulario de inscrición

Horario:

De 09.00 a 14.00 h

Prezo:

Gratuito

Requisitos:

Ter entre 12 e 17 anos

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

xuventude@coruna.es

Tel. 981.184.200 Ext. 12046

Documentos:

2017 Campamento verán_Folleto informativo (142 KB)

A concellaría de Participación e Innovación Democrática organiza campamentos de verán, na modalidade de campamentos urbanos, para mozos e mozas de 12 a 17 anos.

Os campamentos de verán para a mocidade buscan a interacción dos mozos e mozas coa contorna medioambiental da cidade visibilizando os recursos e o patrimonio natural existentes e favorecendo a toma de conciencia no contacto cos memos. Ademais, procuran un verán activo e dinámico no que divertirse compartindo espazos, actividades e momentos con outros mozos e mozas.

Nº de prazas: 90 (45 en cada quenda)

Periodo de realización:

Quenda 1: do 3 ao 14 de xullo de 2017

Quenda 2: do 17 ao 28 de xullo de 2017

*O campamento realizarase de luns a venres. Os días festivos, sábados e domingos, non haberá campamento.

Horario: de 09.00 a 14.00 h

Coste: Gratuito

Espazo de realización

Polideportivo de Labañou

  • A actividade combinará unha sede fixa coa saída a espazos urbanos para a realización de actividades ao aire libre

Transporte

Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas provisionalmente*:

Os Castros -Catro Camiños -Praza de Ourense- Monte Alto - Riazor -Polideportivo de Labañou

*O percorrido definitivo establecerase na xuntanza informativa coas persoas participantes

Tipoloxía de actividades

  • Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kinball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc...
  • Lúdico recreativas: Xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc...
  • Medioambientais: Senderismo pola contorna medioambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc...

Reunión coas familias

Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico para a realización dunha reunión informativa o  xoves 22 de xuño ás 21.00 h, no Espazo de Iniciativas Xuvenís (Rúa Matadoiro, 68)

--------------------------------------------

PRE-INSCRICIÓN E INSCRICIÓN

Do 5 ao 10 de xuño: Preinscrición

Asignarase un número a cada inscrición recibida atendendo á orde de entrada dos formularios de solicitude.

Publicación das listas provisionais cos números asignados: 12 de xuño 

Sorteo e publicación das listas de persoas con prazas adxudicadas: 13 xuño

Publicación da listaxe de agarda: 13 xuño

Do 14 ao 17 de xuño: Inscrición_ formalización da praza

Prazo de confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico a xuventude@coruna.es No caso de non recibilo no prazo establecido, a praza será adxudicada á seguinte persoa da listaxe de agarda.

*É preciso un mínimo de 30 participantes por quenda. No caso contrario, o Concello reservase a opción de anular a oferta do turno que non acade o mínimo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión