Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria para a cesión de uso de varios espazos no antigo cárcere provincial

Convocatoria pública

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/05/2017 ata o 08/07/2017

Publicación no BOP Nº 96 do 24 de maio de 2017

Xa rematou

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Tlf.: 981 184 255

participacion@coruna.es

Documentos:

Bases reguladoras da convocatoria pública para a cesión de uso de espazos no antigo cárcere provincial (94 KB)

CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE USO DE VARIOS ESPAZOS NO ANTIGO CÁRCERE PROVINCIAL

O Concello da Coruña, a través das concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Culturas, Deporte e Coñecemento e Participación e Innovación Democrática publica unhas bases para a convocatoria, en concorrencia competitiva, para a cesión de usos de varios espazos no Antigo Cárcere Provincial.

A convocatoria está dirixida a entidades sen ánimo de lucro rexistradas no REMAC e ten como obxectivo o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural poñendo especial relevancia na recuperación da memoria histórica, no apoio e na posta en valor dos novos creadores locais e a promoción de actividades que non teñen lugar noutros espazos da cidade con carácter regular.

O prazo de presentación de propostas será de 45 días naturais a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

BOP nº 96 do 24 de maio de 2017

Bases reguladoras da convocatoria pública para cesión de uso de espazos no antigo cárcere provincial da Coruña para o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural, mediante concorrencia competitiva

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión