Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2018

O centro municipal de empresas Accede Papagaio acolle un encontro participativo ‘Dillo ti’ o próximo sábado 21 de abril

A xuntanza entre o alcalde e o grupo de goberno coa veciñanza, que conta con tradución a linguaxe de signos e un espazo de conciliación con obradoiros para nenos e nenas, comezará ás 12.00 horas

O alcalde e o resto de concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno participarán este sábado día 21 de abril nun novo encontro participativo Dillo ti, que se celebrará no centro municipal de empresas Accede Papagaio e comezará as 12.00 horas. O Goberno local puxo en marcha este programa de xuntanzas abertas entre a veciñanza e o executivo coruñés, que se celebran de xeito mensual en distintos barrios do termo municipal, co obxectivo que a cidadanía sexa partícipe da acción de Goberno. A finalidade desta nova canle de participación cidadá é crear espazos de encontro para facilitar que as veciñas e veciños trasladen, de xeito directo e sen intermediación, as súas demandas e vontades ao executivo municipal.

Tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña e Nostián, a nova xuntanza terá lugar na rúa Hospital, 19, baixo e terá dunha duración aproximada de 90 minutos. Durante o encontro haberá un servizo de tradución á linguaxe de signos e outro de conciliación con obradoiros infantís co obxectivo de facilitar que ás persoas con nenas ou nenos ao cargo poidan asistir. Todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este taller, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, senón unicamente acudir ao centro veciñal no horario de celebración do encontro.

Toda a información destas xuntanzas está dispoñible na web municipal, no enlace www.coruna.es/conversascoalcalde, así como nos vídeo resumos de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo www.vimeo.com/concellocoruna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión