Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2019

O Concello colabora no congreso Informática para Tod@s, que se celebra desde mañá na cidade

A edil Claudia Delso abrirá este venres a segunda xornada do evento, que busca “salientar e impulsar o papel que desenvolven as mulleres dentro dun ámbito profesional masculinizado como o da tecnoloxía”

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, intervén este venres na apertura da segunda xornada do congreso Informática para Tod@s, que celebra a súa cuarta edición na cidade entre os días 28 e 29 de marzo. O Concello é colaborador do evento, que busca "salientar e impulsar o papel que desenvolven as mulleres dentro dun ámbito profesional tan masculinizado como o da tecnoloxía, un obxectivo que, dende o Goberno local, non podemos deixar de apoiar e visibilizar".

A edil, que encabeza tamén a área de innovación do Concello, exporá na súa intervención, prevista o día 29 ás 08.30 horas, algúns dos programas e iniciativas que se levan a cabo dende o Goberno local, como Coruña Hacks, que ofrece a posibilidade de colaborar na posta en marcha de proxectos baseados nas tecnoloxías libres, e que incidan na procura de solucións ou melloras sociais para a cidadanía, ou tamén Coruña Dixital, en colaboración coa área de Culturas, Deporte e Coñecemento, que ten como obxectivo conectar o tecido de entidades e colectivos da cidade que traballar en torno a novas prácticas culturais, creativas e sociais que se producen pola influencia do desenvolvemento e difusión das novas tecnoloxías. Delso incidirá tamén en iniciativas para a actualización e introdución da tecnoloxía na administración pública, como é o caso da aplicación Millennium Próxima, que permite efectuar o pago no servizo de transporte público urbano, ou a aposta polo sector das TIC reflectido no compromiso do Goberno local no proxecto Cidade das TIC.

O evento, que ten lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, conta con charlas, conferencias, debates e unha feira de emprego. Toda a información está dispoñible na web https://www.ipt.acm.org

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión