Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2019

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia acolle este mes de abril obradoiros, xogos de misterio e unha semana de aviación

A concelleira Claudia Delso salienta o punto de encontro MocidadeSF, no que as persoas usuarias deciden a súa propia programación, abrirá ao longo de todo o mes, de martes a domingo

O punto de encontro para a mocidade da Sagrada Familia que promove a Concellería de Participación e Innovación Democrática desenvolverá, durante todo o mes de abril, unha nova programación de actividades centrada en obradoiros, concursos, xogos de misterio e unha semana dedicada especifica ao mundo da aviación. O proxecto piloto de dinamización xuvenil MocidadeSF, que se atopa no 4º andar do Centro Social da Sagrada Familia e abre de martes a domingo, ofrece actividades abertas ao barrio que, tal e como lembra a concelleira Claudia Delso, "son escollidas polas propias usuarias e usuarios do espazo". A programación iniciarase o venres 5 a través de Xogos de detectives, unha iniciativa na que as e os asistentes deberán de resolver os misterios que se propoñan. Ao día seguinte, o sábado 6, haberá unha sesión deportiva, de 18.00 a 19.00 horas, no polideportivo do barrio.  

De cara á segunda semana do mes, celebrarase unha programación especial dedicada ao mundo da aviación, que promoverá a creación de aparatos ao longo de varios días, que se presentarán nunha final o domingo 14 de marzo. Antes, o día 12, celebrarase un obradoiro de música con instrumentos de percusión e o sábado 13 un concurso de saltos. Na fin de semana seguinte, coincidindo co período non lectivo do calendario escolar --durante toda a semana o espazo estará aberto no horario habitual--, o día 19 terá lugar un taller de ciencia, na que se abordarán cuestións vinculadas á electricidade e ao magnetismo, e o sábado 20 celebrarase un obradoiro de modelaxe. A programación mensual de actividades finalizará o venres 26 cun taller de relaxación e o sábado 27 cun concurso de puntería.

O proxecto MocidadeSF, que xurdiu como resposta a unha demanda veciñal, conta con dúas persoas que dinamizan tanto o espazo como as actividades coa mocidade, ademais de deseñar estratexias de mediación coas rapazas e rapaces do barrio. Para máis información sobre o mesmo, pódese visitar www.coruna.gal/participacion.

Documentos:

Información sobre as actividades en abril no Espazo de Dinamización Xuvenil da Sagrada Familia (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión