Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2018

O Laboratorio Cidadán da Coruña regresa ás escaleiras de Adelaida Muro para rematar o mural comunitario

A iniciativa, que se desenvolverá desde as 10.00 horas do sábado 21, dá continuidade ao proxecto iniciado polo colectivo Oasis Monte Alto o ano pasado. “Un dos maiores logros do Co-Lab é activar á veciñanza para que deseñe e desenvolva accións de transformación da súa contorna”, apunta Claudia Delso

Os proxectos de innovación social do Laboratorio Cidadán que se desenvolveron ao longo do pasado exercicio teñen continuidade. Este sábado o Colectivo Oasis Monte Alto, unha comunidade informal de veciños e veciñas que se conformou no marco do proxecto Oasis, desenvolvido durante o último semestre de 2017 no marco do Co-Lab, organiza unha nova acción comunitaria nas escaleiras da rúa Adelaira Muro, co obxectivo de completar o mural iniciado na zona o pasado mes de novembro. A intervención, que comezará ás 10.00 horas do día 21, estenderase ao longo da fin de semana e rematará cun momento festivo contra o mediodía do domingo 22.

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, valorou esta mañá moi positivamente a continuidade da proposta alén da súa vinculación coa administración municipal. "Resulta especialmente importante que os proxectos do Laboratorio Cidadán, que contaron desde un inicio co apoio orzamentario e institucional do Concello da Coruña, busquen a súa autonomía e a súa sostibilidade no tempo", indicou a edil. "Un dos maiores logros do Co-Lab é activar comunidades de veciños e veciñas para que sexan elas mesmas as que deseñen e desenvolvan accións de mellora e transformación da súa contorna. Oasis Monte Alto, con esta nova etapa de intervención no espazo público, é o mellor exemplo de este obxectivo", apuntou.

A cita desta fin de semana, aberta a toda a cidadanía, pretende acadar a boa acollida da acción de novembro, que tivo unha resposta masiva por parte da veciñanza de Monte Alto e que contou coa participación de persoas de todas as idades. De cara á intervención que terá lugar os días 21 e 22, está confirmada a asistencia de distintas entidades culturais e artísticas, así como diferentes comercios do barrio. Os recursos que se mobilizarán --como pintura, ferramentas, comida ou bebida-- serán, unicamente, os donados polas persoas ou colectivos participantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión