Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro "El arte de la interpretación interactiva"

Justo Aliounedine Nguema Pouye en Visión Revolucionaria Utilidad social de Vrus, recompila todas as súas obras plásticas que xuntas narran un camiño autobiográfico á madurez, tanto da técnica como da introspección e a crítica visión do mundo.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

21/01/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

AUTOR

Justo Aliounedine Pouye Nguema é un mozo activista que desde hai décadas vén utilizando diferentes disciplinas artísticas como ferramenta de reivindicación. Nas súas múltiples facetas, utiliza o pseudónimo de VRUS para recoller nun diario pictórico toda unha traxectoria de construción e creación. Unha mostra de cores, texturas e formas que dan sentido á súa evolución, como artista e como persoa. Claro defensor da transculturalidade musical, foi visto recentemente participando no lanzamento do novo disco de Amistades Peligrosas acompañando coa percusión nun dos temas que hai dúas décadas foron símbolo de denuncia social "Africanos en Madrid". Justo, VRUS, Yast Solo ou o Sr. Nguema á fronte deste proxecto piloto, é un profesional que non dubida en adiantarse aos ritmos africanos da súa comunidade para lanzar mensaxes claras de reclamo do lexítimo, ese dereito de cidadanía en igualdade de condicións que foi secuestrado dos libros de texto e da propia historia.

SINOPSE

El arte de la interpretación interactiva é o compendio de obras pictóricas do autor, onde se pode ver por etapas a súa evolución artística. Ademais inclúense textos inéditos da súa obra "Los mundos de VRUS", onde o artista narra a súa historia e como o debuxo e a pintura se van conformando na súa vida, sendo VRUS o personaxe que viste o autor cando se transforma en artista. Esta obra tamén inclúe poemas escritos polo autor, así como algunhas cancións do seu amplo repertorio como músico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión