Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Presentación do proxecto Naves do Metrosidero

Cando:

21/12/2017

Inscricións:

Confirmación de asistencia en xuventude@coruna.es

Horario:

Ás 19.00 h

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Hashtag:

#navesdometrosidero

Organizador:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

xuventude@coruna.es

xornada aberta

O vindeiro xoves 21 de decembro ás 19.00 h terá lugar a xornada de presentación do proxecto Naves do Metrosidero, no Centro Cívico da Cidade Vella

Nesa xornada, desde a Concellaría de Participación e Innovación Democrática queremos presentarvos un dos proxectos de goberno máis importantes desta lexislatura: o proxecto Naves do Metrosidero, un espazo para a mocidade que estará situado no antigo complexo da Comandancia Militar de Obras.

Trátase dun equipamento público diverso, plural e inclusivo para que a mocidade poida estar, coñecerse e recoñecerse, sentirse parte, crear e desenvolver colectivos arredor dos mesmos intereses, organizar programas, proxectos e actividades etc. Un lugar no que desenvolver inquedanzas creativas, de investigación, produtivas, de aprendizaxe, lúdicas etc. tanto a nivel individual como colectivo.

Gustaríanos contar con vós nesa presentación para traballar conxuntamente a súa definición. Partindo dunhas liñas básicas das que falaremos na xuntanza do xoves, propoñeremos crear un espazo de traballo aberto e colaborativo para que entre todas definamos tanto cales deben ser as características concretas de cada espazo como cal debe ser o modelo de xestión para posibilitar un uso polivante e diverso, pero á vez integrador.

Coa participación de todas e todos, as Naves do Metrosidero serán unha realidade que dotará a mocidade dun espazo de referencia, dun equipamento inexistente na cidade que apostará pola mocidade como suxeito activo, empoderado e protagonista.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?