Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Tes unha idea para Nocturnia?

Cando:

Dende o 19/01/2018 ata o 26/01/2018

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Hashtag:

#nocturnia

Organizador:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Documentos:

Como enviar propostas ou proxectos a Nocturnia (673 KB)

Aberto o prazo de achega de propostas

Un ano máis contaremos cunha nova edición do programa de ocio saudable para a mocidade Nocturnia, organizado pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña.

Para esta nova edición, que irá desde os meses de marzo a xullo, gustaríanos contar coas vosas propostas e achegas.

TEDES UN PROXECTO?

Do 19 ao 26 de xaneiro do 2018 ábrese un novo período no que asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poderán enviar proxectos e propostas a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com , para que participen na elaboración e deseño do programa de primavera, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.

Os proxectos ou propostas presentadas artellan os catro eixos nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles e variables segundo as propostas de cada edición e abertos a todas as propostas innovadoras que teñades.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, dni, correo electrónico da persoa que presenta a proposta (persoa responsable).
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
    • Colectivo non formal
    • Empresa/autónomo
  • Presentación persoal ou da entidade

DESCRICIÓN DA PROPOSTA

  • Título e breve descrición da proposta
  • Obxectivos da proposta
  • Número máximo de persoas destinatarias
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Custo de realización (debe incluír o custo total do proxecto: persoal, materiais, )

Se tedes algunha pregunta sobre o proceso de envío non dubidedes en poñervos en contacto co programa a través do correo electrónico.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?