Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Estes encontros que teñen lugar, normalmente, o último sábado de cada mes ás 12:00 h da mañá nun barrio da cidade permítenlle ao goberno municipal tomar o pulso da cidade de xeito estable e permanente.

A través deste espazo a cidadanía da Coruña pode achegarse aos centros cívicos para conversar libremente sobre calquera tema, proposta, idea, problema ou demanda sobre o barrio pero tamén sobre a cidade.

Para que nestes espazos teña lugar un encontro coas diversidades da cidade, a Concellería de Participación pon en marcha un dispositivo de comunicación e información accesible á cidadanía, para chegar ás persoas máis vulnerables, á xente moza, ás persoas que teñen menos hábito de participar para que tamén estean presentes. Para que todas as voces da cidade poidan participar do Dillo ti, para que sexa un espazo que recolla as singularidades e diversidades da nosa cidade.  Deste xeito o equipo de goberno pode coñecer de primeira man e de xeito permanente as necesidades da veciñanza, dos barrios e da cidade a través dunha canle aberta e directa coa cidadanía.

Estes encontros contan cun servizo de conciliación para facilitar a participación das persoas que teñen menores ao seu cargo e conta tamén cun servizo de intérpretes de linguaxe de signos para persoas xordas.

Ademais contan cun servizo de mediación entre o goberno e a cidadanía para facilitar as quendas de palabra, os tempos e a diversidade na participación.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?