Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Mocidade SF

mocidade sf logo

Programa de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia

Que é MOCIDADE SF?

MOCIDADE SF é un proxecto de dinamización xuvenil que se desenvolve no Barrio da Sagrada Familia co obxectivo de crear un espazo de referencia para a mocidade da Sagrada Familia e arredores, onde a xuventude poida realizar actividades do seu interese en grupo.

Esta iniciativa nace dunha proposta da cidadanía ao Concello, que este recolle -a través da Concellaría de Participación e Innovación Democrática- para incidir na mellora da súa calidade de vida así como da veciñanza. A filosofía deste proxecto baséase en escoitar os intereses e as necesidades da mocidade, crear vínculos de confianza coas persoas e dotalas de ferramentas para que elas mesmas poidan organizarse e decidir dentro deste espazo. Deste xeito, ponse en marcha unha experiencia de aprendizaxe para a participación; unha iniciativa na que os grupos de mozas e mozos -que quedan normalmente excluídas dos espazos de decisión- formulan as súas inquietudes e elaboran respostas propias de acción para a transformación da súa realidade e mellorar as súas opcións de ocio e tempo libre.

En MOCIDADE SF participan diferentes persoas dinamizadoras que colaboran coa mocidade asistente para levar a cabo as súas ideas de actividades para o espazo.

Onde está?

O proxecto centra a súa atención na Sagrada Familia, un barrio cunha alta densidade de poboación, que presenta unha gran diversidade cultural e padece unha serie de problemáticas sociais específicas (desemprego, rendas baixas, violencia de xénero etc.). A iso únese un marcado baleiro no referido ás actividades e aos espazos dirixidos á poboación xuvenil. O proxecto MOCIDADE SF desenvolve as súas accións na 4ª planta do Centro Social Sagrada Familia (r/ Sagrada Familia, 26)

Cando podes asistir?

De luns a venres de 16.30 h a 20.30 h

A entrada é de balde e aberta a toda a mocidade que queira participar de maneira activa na proposta de actividades e desenvolvemento de MOCIDADE SF.

Como funciona MOCIDADE SF?

As normas do espazo páctanse colectivamente, existen unhas normas básicas de convivencia establecidas polas dinamizadoras. Todas e todos comprometémonos a coidar do espazo, das persoas e das relacións.

As decisións das actividades para desenvolver son asemblearias. O funcionamento é por troque: o uso do espazo por algo que ti queiras achegar (unha clase, xestión de actividades, compromiso de participación...)

Cales son os obxectivos de MOCIDADE SF?

O proxecto nace co obxectivo de fomentar a participación da xente moza do barrio da Sagrada Familia, aumentando as súas capacidades para dar resposta ás súas propias capacidades e intereses. Para conseguilo, a iniciativa MOCIDADE SF parte duns obxectivos concretos:

  • Dotar de ferramentas as persoas que acoden ao espazo para que nun futuro poidan xestionarse por si mesmas.
  • Informar e orientar a mocidade sobre recursos existentes, actividades e outra información do seu interese.
  • Xerar propostas para a mellora de habilidades e competencias sociais que faciliten procesos de maduración e de responsabilidade social da xuventude do barrio.
  • Motivar á acción no barrio.

Que tipos de actividades podes atopar?

En MOCIDADE SF as actividades son propostas polas mesmas persoas que acoden ao espazo. Nesta iniciativa é importante que a toma de decisións e organización das accións partan da mesma mocidade que despois asistirá, polo que son elas mesmas quen deciden.

Algunhas das actividades que foron propostas pola mocidade desde a apertura do espazo, son: clases de baile, clases de cubo de rubik, charlas sobre o maltrato animal, espazo para xogos, apoio escolar, creación dun clube de lectura etc.

Como podes participar?

Achegándote ao espazo e... formando parte do grupo!

Galería de imaxes

  • IMAXES DE MOCIDADE SF

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?