Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Como participar

COMO SE PODE PARTICIPAR?

Unha vez que descubriches Nocturnia e sabendo que é un programa que busca a participación nos diferentes procesos que leva, tes moitas formas de participar. Aínda non sabes cales?

 

  1. QUERES COMPARTIR UNHA SUXESTIÓN OU UN INTERESE?

Gústanos coñecer os vosos intereses, inquietudes e… ¡as vosas ideas! Se queredes facernos unha suxestión para o programa podedes facelo a través das diferentes canles do programa:

 

  1. TES UN PROXECTO?

Durante os meses previos á realización do programa, ábrense períodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. A apertura destes procesos de participación adoita coincidir nos meses de xaneiro e setembro.

Os proxectos ou propostas presentadas artellan os catro eixos nos que vira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles segundo as propostas de cada edición.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, dni, mail da persoa que presenta a proposta (persoa responsable).
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación…) e tipo (xuvenil, cultural, etc…).
    • Colectivo non formal.
    • Empresa / autónomo.
  • Presentación persoal ou da entidade.

 

DESCRICIÓN DA PROPOSTA

  • Título e breve descrición da mesma.
  • Obxectivos da proposta.
  • Número máximo de persoas destinatarias.
  • Necesidades técnicas e recursos materiais.
  • Custo de realización (debe incluír o custo total do proxecto).

 

  1. QUERES ASISTIR ÁS ACTIVIDADES?

Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición. Cada semana poderás escoller as actividades que sexan do teu interese. Podes ir a máis dunha actividade a condición de que non coincidan en horario. Lembra que para poder asistir ás actividades debes cumprir co requisito da idade, o que implica estar na franxa de entre 12 e 30 anos (ambos os dous incluídos).

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realízase a través da web no apartado de "inscrición".

 

MÁIS INFORMACIÓN
Toda a información do programa podar atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as persoas destinatarias.

Información soporte 2.0

Web de información: www.coruna.es/participacion

Facebook: Nocturnia Concello da Coruña
Twitter: @NocturniaCoruña

Información soporte físico
A cartelaría e folletos do programa está dispoñible en:

  • Centro Municipal de Información Xuvenil.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís.
  • Ágora Centro Sociocultural.
  • Fórum Metropolitano.
  • Rede de Centros Cívicos Municipais.
  • Rede de Bibliotecas Municipais.
  • Pazo dos Deportes de Riazor.
  • Cidade Deportiva da Torre de Hércules.
  • Rede de instalacións Deportivas Municipais.
  • Centros de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Centros de Formación Profesional.
  • Universidade da Coruña.
  • Tecido asociativo da cidade.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?