Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Procesos Participativos

PROCESOS PARTICIPATIVOS A PORTA ABERTA

A Porta Aberta

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática, pon en marcha en setembro de 2015 un novo dereito para a cidadanía: o programa A Porta Aberta: os procesos participativos da Coruña a través dos que o Concello escoita as diversidades da cidade para camiñar cara a unha cidade máis igualitaria.

Trátase dunha Porta Aberta aos procesos participativos dirixidos a toda a cidadanía, para que entre todas e todos poidamos achegar a nosa visión sobre problemas e decisións que afectan aos nosos barrios, ás nosas vidas e á nosa cidade.

O Concello da Coruña escoita a cidadanía para poñer a intelixencia colectiva ao servizo do ben común, para así mellorar a nosa cidade, para que toda a cidadanía teñades voz á vez que descubrides outras voces.

Deste xeito o goberno municipal poderá integrar as necesidades da veciñanza nos procesos de toma de decisións, articulando sempre as vías precisas para garantir a participación de todas e todos dunha maneira accesible.

A Porta Aberta abriu dous procesos participativos coa cidadanía, o primeiro deles: a organización da cidade en distritos un proceso co que se pretendeu recoller toda a información relevante para realizar unha proposta de distritos para A Coruña baseada en criterios fundamentalmente sociais, aínda que tamén xurídico-administrativos; o Participadoiro, un espazo de participación permanente coa mocidade da cidade no que se están co-deseñando políticas públicas para a mocidade da Coruña e agora abrimos un terceiro proceso os Orzamentos participativos.

Coa posta en marcha deste proceso, ábrese a porta á participación na elaboración dos orzamentos municipais do ano 2017, ofrecendo a posibilidade de decidir como investir un millón de euros na cidade.

Os orzamentos participativos permitirán que a veciñanza da Coruña poida decidir cales son os proxectos máis relevantes, de entre as propostas realizadas pola veciñanza, para realizar investimentos na cidade, propostas que se incorporarán ao proxecto do goberno para o orzamento municipal de 2017.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?