Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

O camiño do vixía

Proceso participativo para mellorar as rúas de Monte Alto

O Camiño do Vixía é unha proposta para a mellora da habitabilidade e uso dos espazos públicos do barrio de Monte Alto, impulsada polo Concello da Coruña.

A proposta alíñase coas políticas e plans que entenden os espazos libres e a rede viaria (rúas, prazas e parques) como o lugar por excelencia para o encontro e a convivencia. Son focos da integración social e do cumprimento de dereitos; tamén son os espazos que definen a calidade de vida dunha cidade no correspondente á súa dimensión colectiva.

Así, a proposta do Camiño do Vixía consiste nun programa de intervencións de mellora dos espazos públicos, que para multiplicar os seus beneficios deben vertebrar a contorna e vertebrarse entre elas.

Velaí que o xeito de encadear as intervencións adopte forma de percorrido. O común nel é que os peóns, a mobilidade branda e a estancia, adoptan un maior protagonismo (diferente segundo as condicións de cada treito) fronte á actual primacía do restante tráfico rodado.

camino vixía 2

Para a elaboración da proposta e a definición do percorrido tivéronse en conta os documentos técnicos dos plans existentes que interveñen sobre o ámbito do barrio:

  • Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, no relativo ás propostas de Corredores Urbanos e Corredores Territoriais; os Corredores Verdes e a Rede de Itinerarios Peonís, dentro da conxunción das diferentes tramas de mobilidade que propuña o Plan de Mobilidade e Espazo Público (2011); a xerarquización na rede de itinerarios peonís propostos no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (2014); as intervencións correspondentes a Monte Alto do Plan de Mellora da Accesibilidade Mediante Elementos Mecánicos (2015).
  • Un caso particular nestes documentos é o Estudo para a Reordenación e mellora Urbana do Espazo Público do Barrio de Monte Alto (maio de 2015). Por tratarse dun documento circunscrito ao ámbito do barrio, permite comprobar o grao de axuste que é preciso aplicar sobre os anteriores documentos máis xerais e estratéxicos. Nel, a proposta duns itinerarios peonís alternativos aos do PMUS adoptouse como exemplo dese grao de axuste.

Como paso seguinte no proceso de afondamento no deseño, convócase un proceso participativo aberto á veciñanza e ao que foi invitado o tecido asociativo do barrio. O proceso desenvolveuse entre novembro de 2016 e febreiro de 2017, en diferentes sesións, que metodoloxicamente partiron da detección e o enunciado de problemas e conflitos dende múltiples perspectivas, para logo explorar as ferramentas de deseño urbano que facilitan as solucións.

báner

Complementariamente á participación da veciñanza na súa diversidade, mantivéronse unha serie de encontros sectoriais entre maio e xuño de 2017, coa finalidade de recoller as opinións e suxestións de diferentes colectivos que teñen na mobilidade polas rúas de Monte Alto o seu lugar de traballo. Os encontros consistiron nunha serie de entrevistas en profundidade, agrupadas en tres sesións en función do tipo de actividade: o sector do taxi (a través das dúas asociacións presentes na cidade); o do autobús (representado polo transporte escolar e o urbano, por condutores e xestores de liñas); así como o amplo abano da distribución de bens (mudanzas, paquetería, hostalaría e mensaxería, nos seus diferentes medios de transporte).

>> INFORMES SOBRE O PROCESO "CAMIÑO DO VIXÍA" (acceso á información).

.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?