Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Cando:

16 de xaneiro de 2019

O Concello abre o prazo de presentación de propostas que poderán conformar a nova edición do programa de lecer Nocturnia

Asociación, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar até o vindeiro 24 de xaneiro os seus proxectos, que deberán estar vinculados ao ámbito deportivo, cultural, formativo ou recreativo

A Concellería de Participación e Innovación Democrática vén de abrir o prazo de recepción de propostas de actividades que poderán conformar a nova edición do programa de lecer para a mocidade Nocturnia e que se desenvolverá entre os meses de febreiro a xullo. A iniciativa, tal e como apunta a edil Claudia Delso, responde ao interese municipal de facilitar a implicación de asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral "nun proxecto global de participación xuvenil" a través do deseño dunha programación aberta á mocidade "e que pretende reflectir a propia pluralidade e diversidade da cidade".

Deste xeito, até o 24 de xaneiro, a veciñanza poderá achegar ao Servizo Municipal de Mocidade, a través do correo nocturniacoruna@gmail.com, as súas propostas vinculadas aos catro eixos nos que se desenvolve o programa, como son o ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo. As actividades, tal e como é habitual en Nocturnia, desenvolveranse nas tardes das fins de semana e estarán abertas a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos. De cara a a presentación de proxectos, cada propoñente deberá achegar unha descrición detallada da iniciativa, incluíndo o título e descrición da mesma, obxectivos, duración, número máximo de persoas destinatarias, necesidades técnicas e recursos materiais e outras consideracións que se deban ter en conta. Ademais, será necesario enviar un orzamento detallado da proposta --segundo o modelo que se pode descargar do web www.coruna.gal/cmix-- que inclúa datos de facturación ou o coste de realización total do proxecto, entre outros aspectos.

Para máis información sobre esta proposta de elaboración da programación de Nocturnia e da propia iniciativa municipal para a xuventude, pódese visitar o web www.coruna.gal/participacion.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?