Concello da Coruña

Concello da Coruña

PROCESO ORGANIZACIÓN DA CIDADE EN DISTRITOS

Procesos participativos abertos á cidadanía para a organización da cidade en distritos.

A proposta inicial de reorganización do municipio da Coruña en distritos que se presenta a continuación é o resultado dun traballo iniciado en setembro de 2015 pola Concellería de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, coa presentación do programa "A Porta Aberta" e o comezo dun proceso participativo presencial e online no que tamén se implicou a Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda.

Os primeiros resultados deste proceso compartíronse nun Foro Cidadán no Centro Ágora en xaneiro de 2016 e a través da publicación, en xuño dese mesmo ano, do documento de Estudos previos e informe sobre o proceso participativo para a organización do municipio da Coruña en distritos.

>> ESTUDOS PREVIOS E INFORME SOBRE O PROCESO (acceso á información)

A partir das conclusións da investigación e do proceso participativo, comezou unha nova fase do traballo que conclúe neste sobre a proposta de Mapa de Distritos da Coruña. O informe organízase en dous apartados claramente diferenciados, de xeito que os obxectivos e criterios empregados no proceso de traballo se podan ler e, polo tanto, debater e avaliar, independentemente da proposta inicial de delimitación en distritos. Así, na primeira parte do documento descríbense os criterios adoptados e os obxectivos perseguidos dunha maneira abstracta, e na segunda, analízase a proposta inicial desde varias perspectivas, tanto cuantitativas como cualitativas.

>> INFORME PROPOSTA DISTRITOS E MAPAS DO INFORME (acceso á información)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión