2017: Orzamentos participativos: propostas da cidadanía

Informe de execución (novembro 2018)

O Concello reservou tres millóns de euros do orzamento do ano 2018 para que a cidadanía decidise que investimentos levar a cabo, presentando propostas de proxectos ata un millón de euros para a cidade e ata dous millóns de euros repartidos entre os dez distritos que a conforman. 46 proxectos foron seleccionados pola cidadanía.

Podes consultar o estado de execución dos proxectos no seguinte informe de seguimento:

Ámbito Título Área responsable Fase na que está (*) Porcentaxe de avance
Toda a cidade Recollida de aceite usado de uso doméstico Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Toda a cidade Carril bici por toda a cidade Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Toda a cidade Mellora do pavimento nas escaleiras do barrio das Flores Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Toda a cidade Rampla de acceso a vivendas Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Toda a cidade Crear unha ruta do modernismo, indicando os edificios con baldosas Turismo ESTUDO 25%
Distrito 1 Plantación de arborado na contorna da praia de Bens Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 2 Ampliación de zonas de xogo e zona acolchada infantil na praza Elíptica Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 3 Mellora da iluminación pública na Silva-Cances-Penamoa Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 3 Wifi libre no punto de encontro do Birloque Informática, Innovación Tecnolóxica e Interior FINALIZADO 100%
Distrito 3 Bancos para o encontro e descanso da veciñanza na Silva e Cances-Penamoa Infraestruturas e Mobilidade CONTRATACIÓN 50%
Distrito 3 Dotar dunha parada de bus decente o aparcadoiro disuasorio de Lonzas Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 3 Mellora do camiño que conecta Someso coa universidade Infraestruturas e Mobilidade FINALIZADO 100%
Distrito 4 Fonte no campo de fútbol do pavillón de Novo Mesoiro Infraestruturas e Mobilidade FINALIZADO 100%
Distrito 4 Base de Bici Coruña para dar servizo a Novo Mesoiro e Pocomaco Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 4 Pista de patinaxe Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 4 Instalación de máquinas biosaudables para persoas adultas no parque Infraestruturas e Mobilidade CONTRATACIÓN 50%
Distrito 5 Arranxar as pistas deportivas das rúas Milán e Nápoles na Zapateira Deportes EXECUCIÓN 75%
Distrito 5 Puntos de reciclaxes varias e recollida de poda Medio Ambiente CONTRATACIÓN 50%
Distrito 5 Dotación de equipamento para o centro cívico de Castro de Elviña Xustiza Social ESTUDO 25%
Distrito 5 Área biosaudable para nenos/as e maiores Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Hortas urbanas no parque de Oza Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 6 Árbores e bancos en terreo contiguo ao CEIP Fernández Latorre Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 6 Punto de servizo de préstamo de bicicletas no parque de Oza Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Elevar pasos de peóns na EIM Carricanta e no CEIP Fernández Latorre Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Acondicionamento do parque infantil de Pedralonga Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 7 Parque biosaudable no barrio das Flores Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 7 Instalación da pista polideportiva no barrio das Flores Deportes ESTUDO 25%
Distrito 7 Dotar a Matogrande de máis espazos verdes Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 7 Cerramento e iluminación do parque infantil de Matogrande Infraestruturas e Mobilidade FINALIZADO 100%
Distrito 7 Mellora do parque infantil das Paxariñas Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 8 Xardíns verticais baixo os viadutos de Alfonso Molina na entrada da cidade Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 8 Plantación de 15 árbores na beirarrúa da Avda. do Exército entre Casa do Mar e Tabacos (N.Xul) Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 8 Reverdecer o barrio dos Mallos Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 8 Bicicoruña en Catro Camiños Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 8 Senda peonil entre a Falperra e a ronda de Nelle Infraestruturas e Mobilidade FINALIZADO 100%
Distrito 9 Plantación de árbores nas rúas Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 9 Ampliación do número de árbores e zonas verdes na zona da Agra do Orzán Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 9 Colocación de máis árbores no parque Adolfo Suárez (Visma) Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 9 Aparcadoiros para bicicleta Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 9 Plantación dunhas 10 árbores nas beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 10 Máis árbores na rúa Santo André e arredores Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 10 Máis árbores na contorna da praia das Lapas Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 10 Máis arborado en Montealto Medio Ambiente CONTRATACIÓN 50%
Distrito 10 Plantación de arborado na rúa Rego de Auga Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 10 Nin unha rúa sen beirarrúa Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 10 Espazo multifuncional no Mercado de Santo Agostiño Emprego e economía social ESTUDO 25%
Tipos de proxectos

Descrición das fases dos proxectos (*)

Os proxectos aprobados pasan por distintas fases na súa execución desde a redacción técnica da proposta ata a súa finalización.

Estas son as fases:

  • Redacción/estudo: a área municipal responsable da execución do proxecto está a realizar o estudo de detalle ou realizando o proxecto técnico correspondente.
  • Contratación: o proxecto técnico redactado está en fase de licitación/contratación.
  • Execución: o proxecto está en fase de execución.
  • Finalizado: o proxecto foi executado e finalizouse.