Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2019

A Concellería de Participación abre ata o 24 de marzo o prazo para solicitar o uso dos locais de ensaio entre abril e outubro

O espazo está dirixido a mozos e mozas que sexan solistas ou teñan grupos nos que a metade das persoas membro estean empadroadas ou estuden na cidade e sexan menores de 30 anos

A Concellería de Participación e Innovación Democrática ten aberto dende o pasado luns, e ata o día 24 de marzo, o prazo para a solicitude de uso gratuíto dos locais de ensaio municipais durante o período de abril a outubro de 2019. Os tres locais de ensaio municipais están dotados con toda a infraestrutura necesaria para os grupos, que, ademais de ter un espazo para tocar, dispoñen dun estudio de gravación, un departamento de deseño gráfico e audiovisual para definir a súa imaxe e diversos eventos onde mostrar en directo o seu traballo.

A convocatoria está dirixida tanto para mozos e mozas solistas ou grupos da cidade, nos que a metade das persoas integrantes estean empadroadas na Coruña ou matriculadas nalgún centro educativo do municipio no presente curso. Ademais, cando menos a metade do grupo debe ser menor de 30 anos. A solicitude, que se pode descargar na web www.coruna.es/cmix ou en http://locaisdeensaio.blogspot.com, debe enviarse, xunto coa documentación requirida a xuventude@coruna.es ata o 24 de marzo. As peticións que se reciban fóra do prazo atenderanse, por orde de recepción, a partir do 22 de abril. Unha comisión será a encargada de realizar o proceso de valoración, segundo os criterios que establecen as bases, e a listaxe provisional de grupos e solistas aceptadas estará publicada na web do CMIX e no blogue dos locais de ensaio o día 26 de marzo. A listaxe definitiva publicarase o 8 de abril, tras o período de reclamacións.

Os locais de ensaio enmárcanse dentro das políticas dirixidas á mocidade implementadas pola Concellería de Participación e Innovación Democrática nas que se traballa de xeito transversal para ofrecer alternativas de ocio e a xeración de hábitos positivos na mocidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión