Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2019

A Coruña acollerá no mes de marzo unha conferencia internacional sobre sistemas de información xeográfica de código aberto QGIS

O prazo de inscrición para participar no encontro, que conta co apoio do Concello, ábrese hoxe a través do web http://2019.qgis.es/

A cidade da Coruña acollerá, entre o 4 e o 10 de marzo, a Conferencia Internacional de Usuarios e Desenvolvedores de QGIS, o evento referencial para todas aquelas persoas que traballan neste sistema de información xeográfica de código aberto. Desde hoxe, luns 21, ábrese a través do web oficial http://2019.qgis.es/ o prazo de inscrición para participar no encontro, organizado pola Asociación QGIS España e que conta co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática, ademais da comunidade Xeoinquedos e da asociación Bricolabs, entidade que desenvolve habitualmente a súa actividade na Sala Maker da Domus.

O SIX é un conxunto de ferramentas que permiten a organización e análises de datos vinculados a unha referencia espacial na que se relacionan aspectos sociais, culturais, económicos e ambientais, que facilitan unha toma de decisións máis eficaz. A cita, que pretende recompilar experiencias e compartir coñecementos sobre QGIX, estruturarase a través de talleres, unha conferencia de persoas usuarias da plataforma --estas dúas primeiras iniciativas terán lugar na Escola de Enxeñería de Camiños--  e un encontro para desenvolvedores que se celebrará na sala maker da Domus.

Para máis información sobre as charlas, persoas relatoras, obradoiros e actividades que se desenvolveránd durante o evento, pódese vivistar o web  http://2019.qgis.es/.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión