Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de abril de 2019

Máis de 700 persoas participaron na votación en torno aos proxectos gañadores do concurso para a definición do futuro do borde litoral, “un proceso de calidade que dá voz á cidadanía”

A información recollida, que nestes momentos está a ser avaliada, servirá “para a toma de decisións futuras sobre o aproveitamento deste espazo, a gran bolsa de oportunidades da cidade”

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, salientou este mércores "a calidade" do proceso mediante o cal a veciñanza puido debater e votar sobre as solucións que presentan os cinco proxectos gañadores do Concurso de Ideas convocado polo goberno local para a definición do bordo litoral da cidade. En total, foron 738 as persoas que participaron no proceso de votación que estivo activo ao longo do mes. "A falta da análise máis pormenorizada dos resultados, estamos moi satisfeitas coa participación, xa que se trataba dun proceso complexo onde, a xente que participou, opinou sobre os proxectos gañadores estando realmente informada sobre os mesmos", destacou a responsable municipal. "A valoración cidadá dos cinco proxectos gañadores do concurso de ideas do bordo litoral é un paso máis no reto que se marcou o goberno local para cambiar o rumbo dos convenios asinados en 2004 sobre os terreos desafectados do porto e garantir unha fachada atlántica de xestión e uso público", recorda. "Durante décadas, a xente da Coruña non tivo a oportunidade de opinar sobre o que quería que ocorrese nun espazo que é o seu maior patrimonio. Co proceso participativo Tecendo Litoral estamos dando voz a esa veciñanza", dixo.

A este respecto, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indicou que a opinión da cidadanía, recollida neste proceso de votación, "servirá para a toma de decisións futura sobre o aproveitamento da fachada atlántica, o gran espazo de oportunidade da nosa cidade". O proceso de participación e valoración a realizar pola veciñanza consistiu en elixir o proxecto que aporta, en cada caso, unha mellor solución a cinco cuestións que veñen marcadas polas conclusións do foro Tecendo Litoral. A votación realizada servirá para elixir as propostas que dean as respostas máis axeitadas, segundo o criterio cidadá, á integración entre o porto e a cidade; á mobilidade e á accesibilidade; á creación de emprego; ao medio ambiente e á participación cidadá. "As conclusións desta votación, que agora estamos en proceso de analizar, permitirán ao Concello seguir avanzando na definición dos terreos e seguir fomentando un debate no que siga participando a cidade", explicou o concelleiro Varela.

Na busca de realizar un proceso participativo o máis accesible posible, as persoas que así o quixeron puideron votar a través da páxina web aportaaberta.coruna.es. Para facilitar o procedecemento, o proceso de votación contou con tres puntos de atención presencial situados no pazo de María, no centro Ágora e no Fórum Metropolitano. Ademais, os proxectos gañadores foron expostos no Pazo de María Pita, recibindo a visita de máis de 1.500  persoas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión