Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2019

O goberno local prorroga a xestión do CMIX até a formalización do novo contrato, que permitirá a descentralización do servizo para a mocidade

O concelleira de Participación recorda que o seu departamento leva meses preparando a elaboración dos novos pregos “na busca de ampliar a oferta de opción formativas e informativas”

A Xunta de goberno local que terá lugar o vindeiro luns 22 de abril dará o visto e prace á prorroga do actual servizo de xestión do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) até a formalización do novo contrato, que incrementa recursos e persoal e que aposta por unha mellora tanto na atención como na información ás usuarias, ampliando os puntos de atención e favorecendo un traballo en rede, máis descentralizado. Está prórroga ten unha vixencia máxima até o 2 de xuño de 2020 e un prezo estimado de 257.000 euros. "Durará o tempo necesario, mentres que se tramita e se adxudica o novo contrato, cuxos pregos están xa no estadio previo ao proceso de licitación", indicou a concelleira de Participación, Claudia Delso.

"Tal e como xa comentamos, o goberno local leva xa moitos meses traballando na elaboración dos pregos que rexerán o novo contrato de xestión do CMIX e nos que apostamos por ampliar o servizo, aumentando persoal, recursos e, sobre todo, descentralizar o servizo, pasando dun a tres puntos na cidade", indicou Delso, que recordou que, entre as novas localizacións, figura, o espazo destinado á mocidade que o goberno local proxecta articular nas Naves do Metrosidero.

"Queremos que o CMIX non sexa un único centro, senón unha rede de información xuvenil da cidade. Temos que actualizar o traballo coa xente moza, dunha forma máis activa, na liña do traballo que levamos realizando todos estes anos", explicou a responsable municipal no día europeo da Información Xuvenil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión