Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso participativo Naves do Metrosidero

Encontro aberto á cidadanía

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral

Cando:

15/12/2018

Xa rematou

Inscricións:

Confirmación de asistencia en xuventude@coruna.es

Horario:

Ás 10.30 h

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Hashtag:

#navesdometrosidero

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

xuventude@coruna.es

Documentos:

Naves do Metrosidero: Cartaz Informativo (693 KB)

O vindeiro sábado 15 de decembro, das 10.30 ás 14.00 h no Centro Cívico da Cidade Vella terá lugar o encontro final do proceso participativo das Naves do Metrosidero

Esta será o derradeiro encontro do proceso participativo para definir os usos e a xestión do futuro equipamento xuvenil das Naves do Metrosidero. É o momento de compartir as conclusións finais sobre o uso dos espazos, e sobre o funcionamento e a organización dos mesmos. 

Foron varios meses de traballo, nos que se incorporaron unha gran variedade de puntos de vista: a perspectiva directa da mocidade a través das xuntanzas en centros educativos, as reflexións mensuais das entidades nos "Encontros participativos", e o traballo continuo entre as/o diferentes técnicas/os do Concello da Coruña. Tras o encontro do vindeiro 15 de decembro, darase por finalizado o proceso e quedará redactado o "Proxecto ampliado de usos e mecanismos de xestión das Naves do Metrosidero e entorno".

Por cuestións organizativas, agradeceríamos  que nos enviásedes un correo de confirmación de asistencia a xuventude@coruna.es

-----

O contexto dos encontros

O Concello da Coruña presentou o pasado mesde xaneiro a proposta municipal para o espazo, unha nova infraestrutura de barrio e de cidade, pero tamén de carácter metropolitano, que estará destinada á mocidade, así como o marco no que se deberá definir o proxecto, xa que debe atender ao interese xeral, ser inclusivo ou cumprir coa normativa vixente e ser administrativamente e económicamente viable, entre outros. Para que este proceso sexa aberto e participativo están previstas reunións mensuais, nas que os e as técnicos municipais traballarán coa cidadanía e persoas que poidan achegar a súa experiencia, información e coñecemento en experiencias de co-xestión e autoxestión. O proceso concluirá cun documento que recolla a proposta de usos e o plan de xestión do edificio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión