Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Ti decides

Oferta de talleres de educación afectiva-sexual desde unha perspectiva de xénero aos I.E.S. da Coruña, a través de Educa Coruña. Nestes talleres estimúlase a análise das diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten segundo sexamos mulleres ou homes e as repercusións que teñen nas nosas vidas.

Charlas informativas sobre saúde afectivo-sexual, anticoncepción, interrupción voluntaria do embarazo...; dirixidas a diversas asociacións: nais e pais, xuvenís, veciñais, etc.

 

Colaboración con diferentes ONG en programas de atención a mulleres en posible situación de risco para a saúde, como pode ser: inmigración, prostitución,...

 

Buscador avanzado

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Novidades e actividades

A procura non produciu resultados.

Contacto

Horario de atención

  • Luns, martes, mércores e venres de 9 a 14 horas
  • Xoves de 11.30 a 14 horas

Motivos de consulta

  • Anticoncepción
  • Anticoncepción de urxencia
  • Interrupción Voluntaria do Embarazo e revisión posterior
  • Atención psicolóxica á problemática sexual e de parella
Cartel da actividade

Liberdade con cadeas

Dentro das actividades de promoción da saúde afectivo-sexual que o Centro Municipal de Planificación Familiar da Coruña vén facendo desde hai anos, queremos dar a coñecer o material didáctico Liberdade con Cadeas, sobre as diferenzas de valores e expectativas ligadas ao xénero, elaborado polo alumnado dos Institutos de Formación Profesional Tomás Barros e a Escola Pablo Picasso.

Unha parella mirando senllos reloxos

Anticoncepción de urxencia

Lugares onde se dá gratuitamente:

  • No teu centro de saúde, de luns a venres.
  • No Centro de Planificación Familiar correspondente. (Horario de 9 a 14 horas).
  • Nos puntos de atención continuada (horario de 15 h a 8 h, festivos todo o día)

Non vaias a urxencias do hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen este tratamento.

Sex-inform

Fundación Sexpol:

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?