Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

PMUS A Coruña

A Semana Europea da Mobilidade 2013

Vídeos

A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña sobre a mobilidade urbana sostible coa que se pretende concienciar a toda a sociedade sobre a importancia que para o medio ambiente supón o uso dos medios de transporte máis sostibles nos desprazamentos máis habituais, a pé, en bicicleta ou transporte público. 

O Concello da Coruña súmase á celebración desta edición 2013 coincidindo coa elaboración do PMUS (Plan de Mobilidade Urbano Sostible), e co obxectivo de contribuír:

  • Á reflexión e á participación de todos no PMUS
  • A concienciar a cidadanía sobre a repercusión que as súas decisións de mobilidade teñen sobre a calidade do aire, o medio ambiente e a calidade de vida, en xeral.

 

Dálle aire á túa cidade!

Como?

  • Móvete a pé, contribúe a desenvolver os mapas metrominuto na túa cidade.
  • Utiliza o transporte público, e, se tes ocasión, comparte o vehículo privado para ir ao traballo.
  • Usa a bicicleta, é unha alternativa moi eficaz para os traxectos de curta e media distancia.
  • Se tes que utilizar o coche, conduce de maneira eficiente, eco-responsable.

 

E, sobre todo,

Participa no PMUS da túa cidade.

 

Infórmate e cubre o cuestionario en: www.coruna.es/pmus ou tamén podes chamar ao 981 167 317.

Actividades participativas e atractivos agasallos

  • Os participantes nas actividades da Semana Europea da Mobilidade recibirán atractivos agasallos. Todos os que completen a enquisa do PMUS na exposición do Obelisco obterán unha camiseta e participarán no sorteo dunha bicicleta urbana pregable.
  • Os participantes en "Camiña Coruña" e "Pedalea Coruña" tamén terán a súa camiseta e entrarán no sorteo da bicicleta pregable, pero ademais obterán unha tarxeta con 20 viaxes en autobús urbano.
  • O sábado, na festa final que terá lugar na praza de María Pita, haberá dous talleres infantís de creación de chapas e marcapáxinas. Os mellores traballos serán premiados con senllas bicicletas (para a categoría de 6-12 anos) e senllos monopatíns (para a categoría de ata seis anos).
  • Ademais, convocouse o Concurso de Fotografía e Vídeo Dixital da Semana Europea da Mobilidade 2013, que ofrece unha bicicleta urbana pregable a cada un dos gañadores das dúas categorías.
  • Logo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?