Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

PMUS A Coruña

Programa de actividades

A Coruña: sostible e segura. Participa no PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible)

Exposición sobre a SEM'13 e o PMUS. Os asistentes poderán participar na elaboración deste plan e coñecer as claves para moverse pola cidade de maneira segura.

Do 16 ao 22 de setembro no Obelisco.

"Camiña Coruña"

Percorridos a pé entre os barrios e o centro da cidade. Coñece os tempos de cada traxecto, identifica as mellores rutas e axuda a construír os mapas metrominuto da túa cidade.

Día 16 de setembro. Agra do Orzán – Obelisco. Saída ás 18:30 horas desde Praza das Conchiñas.
Día 18 de setembro. Elviña – Obelisco. Saída ás 18:30 horas desde Mercado de Elviña.
Día 20 de setembro. Os Castros – Obelisco. Saída ás 18:30 horas desde o Parque de San Diego.
Inscrición en www.coruna.es/pmus ou no punto de saída, suxeita a dispoñibilidade de prazas.

"Pedalea Coruña"

Percorridos guiados en bicicleta para maiores de 16 anos. Os participantes poderedes utilizar vosa propia bicicleta ou utilizar as de Bicicoruña e conteréis co apoio e a participación de monitores especializados. Coñece os tempos de cada traxecto e axuda a construír os mapas metrobici na Coruña.

Día 17 de setembro. Os Rosales – Obelisco. Saída desde a estación de Bicicoruña en c/ Manuel Azaña ás 18:30 horas.

Día 19 de setembro. Matogrande – Obelisco. Saída desde a estación de Bicicoruña en c/ Enrique Mariñas ás 18:30 horas.

Día 21 de setembro. Estación FFCC – Obelisco. Saída desde a estación de Bicicoruña situada fronte á estación de ferrocarril de San Cristóbal ás 12 horas.

Inscrición en www.coruna.es/pmus ou no punto de saída, suxeita a dispoñibilidade de prazas.

"En busca dos bos peóns"

Es un peón responsable? Cumpres as normas e contribúes a mellorar a mobilidade e a convivencia na cidade? Mira ao teu redor, quizais teñas un premio polo teu comportamento cívico…

Do 16 ao 22 de setembro. Cada día nun barrio.

Concursos de vídeo e fotografía

A través do perfil de Facebook do PMUS (www.facebook.com/pmusacoruna) convocarase un concurso de micro-vídeos e outro de fotografía que terán como temática as actividades da SEM'13 e a proposta de ideas para mellorar a mobilidade na Coruña. Participa

Festa "Dálle aire á túa cidade"

Festa final da SEM'13, cun circuíto educativo de seguridade viaria, un simulador de condución, talleres de pintura e xogos para nenos, música, entrega de premios e moitas cousas máis.
Día 21 de setembro, na praza de María Pita. De 11 a 18 horas.

  • Logo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?