Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

PMUS A Coruña

Participa no Concurso de fotografía e vídeo dixital da Semana Europea da Mobilidade 2013

Dentro da Semana Europea da Mobilidade, e baixo o lema “Mobilidade na Coruña: unha cidade máis sustentable e segura”, convócase un concurso de fotografía e vídeo dixital. O obxectivo do certame é promover a creación de traballos orixinais que inspiren ideas para mellorar a mobilidade na cidade, facéndoa máis sustentable e promovendo a seguridade peonil e dos demais usuarios da vía pública.

En formato de fotografía ou vídeo, os traballos poderán ilustrar calquera aspecto da mobilidade sustentable na cidade da Coruña (tránsito peonil, uso da bicicleta como medio de desprazamento, transporte público, medios de transporte de emisións cero, etcétera). Tamén poderán promover o cumprimento das normas de tráfico tanto por parte dos peóns como por parte do resto de usuarios das vías urbanas, ou os comportamentos cívicos e solidarios que contribúan á mobilidade dos colectivos con dificultades (maiores, discapacitados, etcétera).

Pode participar calquera persoa maior de 16 anos. Haberá un premio para a categoría Fotografía e outro para a categoría Vídeo. En ambos os casos o galardón levará unha bicicleta urbana portátil.

O formato das fotografías pode ser jpg, png ou tiff, cun límite de 3 MB. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro. No caso do vídeo, os traballos poderán ter formato totalmente libre, por exemplo, de clip musical, sketch, etc. Terán unha duración máxima dun minuto e medio e unha capacidade máxima de 5 MB.

Os traballos deberán ser enviados ao enderezo de correo concursopmus2013@gmail.com, facilitando tamén os datos da persoa participante (o nome da fotografía ou vídeo, o nome do autor, DNI, e-mail de contacto e teléfono). O prazo para a presentación de traballos comeza o 17 de setembro e termina o 20 de outubro do 2013.

Para máis información, consúltense as Bases do concurso.

Bases concurso vídeo e foto SEM2013 (37 KB)

  • Logo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?