Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

PMUS A Coruña

PMUS, Barrio a barrio. Maio - xuño 2014

O PMUS é un plan estratéxico, viable, realista, participativo e vivo, centrado na persoa. Para conseguir que a mobilidade sostible forme parte do noso día a día, é imprescindible a súa máxima difusión, tal e como recolle o propio PMUS; seguir contando coa colaboración cidadá; e traballar a motivación e implicación de todas as persoas, axentes sociais e institucións.

A segunda edición da campaña PMUS, Barrio a Barrio do Plan de Mobilidade Urbana Sostible levada a cabo entre maio e xuño do 2014, e realizada despois da publicación do PMUS na páxina web, estivo enfocada cara á súa difusión, cunha ampla acción que atendeu directamente a unha media de 120 persoas ao día e cuxo alcance indirecto pódese multiplicar por 20; repartíronse uns 5.000 dípticos informativos e arredor de 1.000 resumos técnicos do PMUS.

Recolléronse arredor de 1.025 opinións con respecto ao PMUS (56% mulleres e 44% homes, maioritariamente traballadores - 47%- e de idade de entre 30 e 50 anos - 37%-); máis de 3.000 suxestións agrupadas en 70 apartados principalmente relacionados con autobús, beirarrúas, aparcamentos, bicicletas, circulación no centro, dobre fila, aparcamentos sobre beirarrúas e outros indebidos, educación e concienciación. Un 48% dos enquisados manifestaron desprazarse maioritariamente a pé, un 27% en autobús, un 21% en coche e un 1,4% en bicicleta.

Aínda tendo en conta que o obxectivo fundamental da campaña foi o de informar a cidadanía, tamén se lles realizou unha enquisa aos que se achegaron ás carpas, resultando que ao 90% dos enquisados parécenlle moi acertadas as medidas contempladas no PMUS.

A continuación, móstranse, ordenados cronoloxicamente, os lugares a onde se desprazou a campaña entre maio e xuño do 2014

  • 28 de maio - Catro Camiños
  • 29 de maio - Labañou
  • 30 de maio - rúa Barcelona
  • 2 de xuño - San Pedro de Visma e O Birloque
  • 3 de xuño - Obelisco
  • 4 de xuño - O Ventorrillo
  • 5 de xuño - Monte Alto
  • 6 de xuño - Matogrande
  • 7 de xuño - Praza de Lugo
  • 9 de xuño - Universidade e Sagrada Familia
  • 10 de xuño - Elviña
  • 11 de xuño - A Gaiteira e Xeneral Sanjurjo
  • 12 de xuño - Os Rosales
  • 13 de xuño - O Castrillón
  • 14 de xuño - Riazor - Coiraza
  • 16 de xuño - Novo Mesoiro, Feáns e Adormideras
  • 17 de xuño - Vioño
  • 18 de xuño - Eirís, Pedralonga, Palavea, Monelos e Barrio das Flores
  • 19 de xuño - Os Mallos e Ángel Senra
  • 20 de xuño - praza de Azcárraga
  • Logo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?