Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

PMUS A Coruña

O PMUS barrio a barrio. Novembro 2013

  • Mércores 6 .- Praza de Vigo
  • Xoves 7 .- Rúa Barcelona
  • Venres 8 .- Praza de Lugo
  • Luns 11 .- Os Mallos - Ángel Senra
  • Martes 12 .- Praza Pablo Iglesias (Castrillón)
  • Mércores 13 .- Universidade (Campus de Elviña)
  • Xoves 14 .-  Praza do Conservatorio
  • Venres 15 .- Montealto (Mercado)
  • Sábado 16 .- Riazor (Coiraza). Debido ás malas previsións meteorolóxicas a localización da carpa tivo que ser modificada, sendo finalmente situada na praza Pontevedra, diante do Instituto Eusebio da Guarda.
  • Luns 18 .- Matogrande (Explanada Soho Café)
  • Martes 19 .- Ventorrillo (r/ Mosteiro de Caaveiro)
  • Mércores 20 .- Los Rosales (Praza Elíptica)
  • Xoves 21 .- Pescadería (Praza Santa Catalina)
  • Venres 22 .- Elviña (Mercado)
  • Luns 25 .- Catro Camiños (Xardín)
  • Martes 26 .- Sagrada Familia (r/ Ntra. Sra. de Fátima)
  • Mércores 27 .-Novo Mesoiro (3ª Ronda, xunto ao parque)
  • Xoves 28 .- Cidade Vella (Azcárraga)
  • Venres 29 .- Os Castros (Gaiteira / Xeneral Sanjurjo)

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible sae ao teu encontro. O PMUS conta coa opinión da cidadanía, os que viven día a día o "movemento" de e pola cidade.

O PMUS necesita contar coas achegas dos veciños para conseguir unha cidade onde a calidade de vida sexa cada vez mellor. Por iso identifícase cos desprazamentos a pé, en bicicleta, en transporte público, en vehículo privado, o transporte de mercadorías, o aparcamento, ...  co ruído, a calidade do aire e co espazo público que todos compartimos e usamos nas mellores condicións ambientais.

A túa opinión conta e é moi fácil achegala a través dunha sinxela enquisa na que poderás achegarnos as túas inquietudes, ideas e propostas concretas e anónimas, relacionadas coa mobilidade do teu barrio e da cidade en xeral e respecto de todo tipo de temas como itinerarios peonís ou ciclistas. 

Durante o mes de novembro un posto estará á túa disposición percorrendo vinte puntos da cidade. O posto e, polo tanto, as enquisas nel formalizaranse de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Salvo os sábados, que se fai só a sesión da mañá.

Infórmate e participa, a concienciación e implicación de todas as persoas é a alma deste proxecto.   

 

Iremos informando do calendario de localización do posto do programa "O PMUS barrio a barrio".

  • Logo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?