Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Programa de Lecer outono 2019 (Centro Ágora)

O PROGRAMA DE LECER DE OUTONO 2019 vén cargado de propostas con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras que utilizan a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece.

A quen vai dirixido?:

Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes.

Cando:

Dende o 09/09/2019 ata o 13/10/2019

Este evento xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

30 € por obradoiro (maiores de 65 anos: 21 €)

Organizador:

IMCE

PREINSCRICIÓN: 

Os días 11, 12, e 13 de setembro na conserxaría do Centro Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h ou por vía telemática cubrindo a folla de preinscrición, tal e como se indica na páxina www.coruna.es/cultura. Neste último caso, será recomendable gardar unha copia dixital da inscrición, co fin de corrixir os erros que se puideren producir. É importante escoller só una das dúas opcións, xa que, en caso de ter preinscricións duplicadas, anularanse.

Todas as prescricións telemáticas que teñan data de envío anterior ás 9.00 h do día 11 ou posterior ás 20.00 h do día 13 non serán tramitadas.

Cada solicitante poderá anotar até catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

Na prescrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitante un número que lle servirá para o sorteo. Na prescrición telemática, adxudicaranse os números de forma consecutiva ao peche de cada un dos horarios da presencial.

O 14 de setembro, ás 9:00 h, publicarase a listaxe das preinscricións telemáticas co número de sorteo correspondente, as mesas publícanse pola hora de inscrición e polo DNI. De producirse algún erro, coa copia da preinscrición, emendarase.

* FORMULARIO PREINSCRICIÓNS TELEMÁTICAS

SORTEO PÚBLICO: 

Luns 16 de setembro, ás 10.00 h, na conserxaría do Centro Ágora. 

NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO: 1047

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As listaxes dos obradoiros adxudicados publicaranse o mércores 18 de setembro a partir das 9.00 h, no Centro Ágora, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010.

A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas en cada obradoiro.

Outorgaráselles ao maior número de persoas, cando menos, un obradoiro.Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa, salvo nos obradoiros nos que queden prazas vacantes, que se adxudicaran a todas as persoas interesadas.

INSCRICIÓN: 

Os días 18, 19 e 20 de setembro na conserxaría do Centro Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario aboar en efectivo o importe do obradoiro correspondente.

As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo.

As prazas non pagadas durante estes días outorgaránselles ás persoas en listaxe de agarda.

LISTAXES DE AGARDA E PRAZAS VACANTES: 

As persoas en listaxe de agarda dun obradoiro terán preferencia en ocuparen as prazas non aboadas do dito obradoiro, que serán adxudicadas pola orde do sorteo. Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza.

Realizaremos unha primeira rolda de chamadas telefónicas o 23 de setembro.  Contactaremos só con aquelas persoas que estean nas listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. De ser así, terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 24 de setembro.

Realizaremos unha segunda rolda de chamadas o 25 de setembro, e as/os interesadas/os terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 26 de setembro.

A partir do 27 de setembro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e aboalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.

Programa Lecer Outono 2019 (Centro Ágora)

Números de preinscrición telemática no Ágora

Listaxe de adxudicacións Ágora outono 2019

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Que falta na axenda?

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?