Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Poetas di(n) versos Outono 2017

Cuándo:

Los días 23/10/2017, 20/11/2017, 11/12/2017

Horario:

20.30 h

 

Dirección:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

Entrada libre até completar a capacidade

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos

Volve o ciclo de poesía da Concellaría de Cultura da Coruña por noveno ano consecutivo a encher de citas literarias o Auditorio do Centro Ágora. Faino por todo o alto cun primeiro trimestre flamante de recitais poéticos dobres que volven xuntar unha importante voz en galego a carón doutra estranxeira, a razón dunha vez por mes. Así se enceta unha nova xeira de POETAS DI(N)VERSOS, Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural 2014.

Os encargados de inaugurar tan esixente programa cultural veñen esta vez da propia Coruña e mais da China. Con todo, tanto Mário J. Herrero como Hu Xudong viven atravesados pola lingua portuguesa, o idioma co que ambos os dous traballan: como tradutor xuramentado o primeiro e como profesor da Universidade de Pequín o segundo. Ecos tanto urbanos coma carnais resoan nas poéticas destes dous doutores alén de escritores multipremiados.

Coruñés do 68, Mário J. Herrero é un poeta aberto ao universo lusófono, tamén a través da opción reintegracionista coa que a súa escrita leva anos comprometida. Tradutor profesional, sociolingüista e poeta, é autor de seis poemarios polos que ten recibido galardóns como o Espiral Maior, o Premio O Figurante, o de poesía erótica Illas Sisargas ou o Glória de Sant'Anna 2015. É ademais académico da Academia galega da Língua Portuguesa e ten publicados dous ensaios de sociolingüística alén dunha chea de artigos en revistas galegas e internacionais. Pola súa banda, Hu Xudong constitúe un dos nomes máis anovadores e relevantes da lírica chinesa actual. Nado no 74, é poeta, crítico e tradutor, Master en Literatura Comparada e Doutor en Literatura Chinesa Contemporánea pola Universidade de Pequín, onde traballa. Vicedirector do Núcleo da Cultura Brasileira daquela institución, entre 2003 e 2005 foi profesor visitante na Universidade de Brasilia. Publicou nove libros de poesía, ademais de prosa, ensaios, traducións poéticas e crítica de poesía, polas que acumula hoxe múltiples galardóns, bolsas literarias e participacións en festivais internacionais.

As lecturas poéticas -de aproximadamente unha hora de duración- darán comezo ás 20:30h e terán entrada gratuíta; ofreceranse á venda os libros dos participantes, nos que se poderá levar unha sinatura orixinal. O ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño continuará o 20 de novembro con dous pesos pesados da escrita chilena e galega: Raúl Zurita e Méndez Ferrín.

Luns 23 de outubro

Hu Xudong - Mário Herrero

Ecos tan urbanos coma carnais nas modernas poéticas deste coruñés aberto ao universo lusófono e nun dos nomes máis importantes da China actual

Luns 20 de novembro

Raúl Zurita - Xosé Luís Méndez Ferrín

Dúas voces autorizadas da memoria do século XX construídas dende o compromiso e o activismo. Auténticos tótems da escrita chilena e galega

Luns 11 de decembro

Joumana Haddad - Ma Xosé Queizán

CANCELADO

Entidades

¿Echas algo en falta?

Si quieres añadir algo a la agenda de tu ciudad o corregir alguna información errónea sólo tienes que decírnoslo .

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?