Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

12 de marzo de 2019

A cita, que se poderá seguir a través da páxina web municipal, terá lugar contra ás 19.00 horas no Paraninfo da Universidade

A Concellería de Igualdade organiza este xoves unha conversa aberta coa activista Marcela Lagarde, que abordará os 'Desafíos das loitas feministas do século XXI'

O Concello lembra que hoxe comezan os ‘Cafés feministas’ e que o prazo de inscrición para participar na Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas manterase aberto até o luns 18 de marzo

A programación municipal polo Día Internacional das Mulleres continúa a súa actividade. Este xoves 14, ás 19.00 horas, a Concellería de Igualdade e Diversidade propón no Paraninfo da Universidade da Coruña un faladoiro aberto á veciñanza no que participará a histórica e recoñecida activista Marcela Lagarde. Nesta conversa, que levará por título Os dereitos humanos, os dereitos das mulleres. Desafíos nas loitas feministas do século XXI, a antropóloga e académica mexicana abordará o papel dos dereitos humanos e a súa crítica e transformación baixo a luz do feminismo.

Lagarde, catedrática de Antropoloxía na Universidad Nacional Autónoma de México, é autora de numerosos artigos e libros e a responsable de acuñar o termo 'feminicidio' para describir a situación das mulleres en Ciudad Juárez. Durante a súa etapa como deputada no Congreso Federal Mexicano, a académica impulsou a creación dunha Comisión Especial de Feminicidio e a tipificación deste delito.  A actividade, que tamén supón o inicio oficial durante esta semana da terceira edición da Escola de Empoderamento Feminista, organízase en colaboración co Centro de Estudos de Xénero e Feminismo da Universidade da Coruña (CEFEX). A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio da Mestranza, pero poderase seguir tamén, ao vivo, a través do web municipal www.coruna.gal.

Por outra banda, a Concellería de Igualdade informa de que todas as prazas para os roteiros feministas que promove no marco da programación municipal Mulleres que transforman realidades están esgotadas, pero que se mantén aberto, até o 18 de marzo, o prazo de inscrición para participar na Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas, que incorpora o carácter reivindicativo e solidario á proba de Coruña Corre.

A proba desenvolverase o vindeiro sábado 23 de marzo, en horario nocturno --a carreira da categoría absoluta comezará ás 21.00 horas--. De seguido, contra ás 21.15 horas, partirá unha Andaina Solidaria non competitiva de catro quilómetros. A inscrición tanto para a carreira como para a marcha pódese facer a través do portal www.coruna.gal/carreiraspopulares. No caso daquelas interesadas en colaborar co fin solidario da andaina ou da carreira, poderán facer achegas de 3, 5 euros ou outras cantidades superiores aos dez euros no momento de formalizar a súa inscrición, o que lles dará dereito a unha camiseta conmemorativa desta proba solidaria. Todos os beneficios que se recaden a través da inscrición solidaria destinaranse integramente á investigación para a mellora da calidade de vida das mulleres con cancro de mama.

Cafés feministas

Desde hoxe e até o venres 15 de marzo celebraranse os Cafés feministas, conversas abertas á veciñanza que xiran arredor de diversas temáticas e que contan coa participación de relatoras expertas. O centro Ágora acolle esta tarde a primeira sesión, vinculada á folga feminista do 8M. Mañá, mércores 13, no Fórum Metropolitano abordarase a violencia obstétrica, mentres que o xoves 14  trataranse cuestións como as masculinidades e a corresponsabilidade no centro cívico de Monte Alto. Finalmente, o venres 15, no Castrillón, abordarase o emprego e auto-emprego feminista. Todos os cafés, que se desenvolverán nos Puntos Violeta, comezarán ás 19.00 horas.

Para coñecer todas as actividades que terán lugar nos vindeiros días tanto nas bibliotecas municipais como centros cívicos no marco da programación Mulleres que transforman realidades, pódese consultar o web www.coruna.gal/igualdade.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?