Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

25 de marzo de 2019

A Coruña acolle do 29 ao 31 de marzo a cuarta edición do 'Eco Rallye', que abre a tempada do Campionato Estatal de Enerxías Alternativas

José Manuel Sande participou na presentación desta iniciativa, “que fusiona motor e ecoloxía na procura dun modelo máis sustentable”

A Coruña acollerá esta fin de semana a primeira proba do Campionato de España de Enerxías Alternativas. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá o 4ª Eco Rallye A Coruña, proba que se disputará na cidade entre os días 29 e 31 de marzo. Tal e como apuntou o edil, trátase dunha iniciativa "consolidada" que fai fincapé "nun reto que é de toda a sociedade, como é a aposta polo uso das enerxías alternativas". "É especialmente interesante a proposta deste rally desde o punto de vista ambiental. O Eco Rallye fusiona automoción e ecoloxía, e incide na sensibilidade do mundo do motor cun camiño que é irreversible para afrontar o gran reto de avanzar cara unha mobilidade máis sustentable", apuntou Sande.

A cidade deportiva de Riazor será o epicentro de actividade do rally,  que contará coa participación de vehículos eléctricos, híbridos, bifuel e Euro6. Na praza situada ao carón do Pazo dos Deportes instalarase, desde o venres 29, a oficina técnica da proba. A cerimonia de saída da competición terá lugar o sábado 30, contra ás 12.00 horas, e durante a mañá do domingo 31 celebrarase unha exhibición na contorna da Torre de Hércules. Finalmente, a entrega de premios terá lugar o mesmo domingo, ás 13.00 horas, na praza de María Pita.

O ECO Rallye, que se desenvolve coa colaboración do Concello da Coruña e do Instituto Enerxético de Galicia, está organizado pola Escudería La Coruña, entidade que celebra este 2019 os seus 50 anos da súa traxectoria. O seu presidente, Alberto González, acompañou ao edil na rolda de prensa, á que tamén asistiron representantes da Xunta e INEGA.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?