Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

7 de junio de 2019

A Coruña acolle mañá, sábado 8, o XXXIII Gran Premio Internacional de Marcha Atlética

A proba comezará ás 17.30 horas e contará coa participación do xaponés Yusuke Suzuki e a chinesa Liu Hong, que actualmente posúen o récord do mundo de 20 km marcha

Este sábado, 8 de xuño, celebrarase unha das grandes probas atléticas da cidade, como é a XXXIII edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña - Trofeo Sergio Vázquez. A competición, integrada no calendario da International Association of Athletics Federations (IAAF) e que conta co apoio do Concello da Coruña, desenvolverase sobre un circuíto dun quilómetro situado no centro urbano da cidade, nos Cantóns. O Gran Premio comezará ás 17.30 horas coa proba de 20 km para mulleres. De seguido, ás 17.35 horas, partirá o grupo de mulleres e homes que participen na marcha de 10 km é, ás 19.15 horas, terá lugar a última proba, a de 20 km masculina.

Entre as e os participantes destacan o xaponés Yusuke Suzuki e a chinesa Liu Hong, que actualmente posúen o récord do mundo da proba de 20 quilómetros --Hong conseguiuno na Coruña no ano 2015--. Á cita tamén asistirán Álvaro Martín e María Pérez, medallistas de ouro no pasado Campionato de Europa de Berlín, e Diego García, prata no mesmo torneo.  

Ademais do Gran Premio, previamente --contra ás 17.00 horas-- celebrarase a 3ª edición dunha marcha popular solidaria dun quilómetro e medio, cuxa recadación destinarase integramente á Cociña Económica. Para máis información pódese visitar o web da Federación Galega de Atletismo.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?