Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de junio de 2018

A Coruña acollerá do 14 ao 22 de xullo a 53ª edición do Campionato Europeo Masculino de Hóckey sobre Patíns, "unha oportunidade para devolver este deporte ao primeiro plano"

O concelleiro José Manuel Sande presentou a competición, que se celebrará por vez primeira en Galicia e contará coa participación de 11 seleccións internacionais

A Coruña será a sede, por primeira vez, do Campionato de Europa Masculino de Hóckey sobre Patíns. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a competición, que se celebrará no Pazo dos Deportes de Riazor entre o 14 e o 22 de xullo, e que supón "unha ocasión absolutamente fascinante para revitalizar o público deste deporte na cidade". "O hóckey conta cunha importante presenza na Coruña, con distintos clubs de base así como as diferentes categorías, por exemplo, do Liceo. Pero este 2018 o deporte de patíns terá especial protagonismo, primeiro con este Eurohockey e, posteriormente, co campionato mundial de Roller Derby", avanzou o concelleiro. "A competición que hoxe presentamos é unha oportunidade, un estímulo para devolver ao deporte do patín, e en concreto ao hóckey, ao primeiro plano", sinalou o edil, quen fixo tamén referencia á vertente turística do evento, "xa que reforzará unha época previa ás Festas de María coa chegada de afeccionadas e afeccionados á nosa cidade".

Tal e como explicou José Manuel Sande, no Eurohockey 2018 participarán once seleccións internacionais, como son as de Portugal, Suíza, Francia, Austria e Andorra --que conformarán o grupo A-- e as de Italia, España, Alemania, Inglaterra, Bélxica e Holanda --o grupo B--. Realizarase unha fase previa, do 14 ao 19 de xullo, na que se disputará unha liga da que sairán clasificados os primeiros catro equipos de cada grupo, de cara a competir nos cuartos de final --que se celebrarán o 20 de xullo--. Neste punto, cruzaranse as seleccións de ambos grupos, encontros dos que sairán as semifinalistas, que se enfrontarán o 21 de xullo. Finalmente, o domingo 22 disputaranse o terceiro e cuarto posto ás 17.00 horas, e a final contra ás 19.30 horas.

As entradas para asistir ao Eurohockey 2018 xa se poden adquirir a través tanto da plataforma www.ataquilla.com como do web da RFEP, www.fep.es, e dividiranse en dous tramos: sénior --maiores de 12 anos-- e júnior --menores de 12 anos--  O prezo dos abonos na fase inicial, que inclúe todos os partidos, será de 60 euros, agás no caso das e dos menores de 12 anos, que poderán obtelo por 30 euros. As entradas por día serán de 10 euros e 5 euros para sénior e júnior, respectivamente. De cara a fase final, as entradas variarán o seu prezo en función do partido, e serán válidas para todo o día. Así, para cuartos de final, serán de 10 e 5 euros --sénior e júnior, respectivamente--; para a xornada de semifinais, de 25 e 12 euros; e para o día da final, 30 e 15 euros.

A presentación contou coa presenza do presidente do Comité Europeo de Hóckey sobre Patíns (CERS-Rink Hockey), Fernando Graça, do presidente da Real Federación Española de Patinaje (RFEP), Carmelo Paniagua, ademais do presidente da Federación Galega de Patinaxe e representante do comité organizador do Eurohockey 2018, Vicente Torres. Para máis información sobre o Campionato de Europa, pódese consultar tanto o web da RFEP, www.fep.es, como o da CERS, www.cers-rinkhockey.eu

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?